Saltar ao contido

Sillimanita

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sillimanita (Sil)
Al₂OSiO₄ Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
 Epónimo
Características
 Cor da raia
 Sistema cristalino
Cifras e dimensións
 Densidade absoluta
    3.677,08 kg/m³ 0 K sólido Editar o valor en Wikidata
 Módulo de cisalla
   119.720.000.000 Pa Editar o valor en Wikidata
 Módulo de compresibilidade
   172.073.000.000 Pa Editar o valor en Wikidata
 Coeficiente de Poisson
   0,218 Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/019wmz Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC202539814 Editar o valor en Wikidata
Mindat3662 Editar o valor en Wikidata
CAS12141-45-6 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata C:Commons

A sillimanita[1] é un aluminosilicato coa fórmula química Al2SiO5. O seu nome déuselle en honra do químico estadounidense Benjamin Silliman (1779–1864), polo que orixinariamente pronunciaríase con ele (silimanita). Describiuse por primeira vez en 1824 por unha achado do mineral en Chester, condado de Middlesex, Connecticut, Estados Unidos.[2]

Características

[editar | editar a fonte]
Cristal de sillimanita de Sri Lanka.
Corte dunha sillimanita.
Diagrama de fases do Al2SiO5
(nesosilicatos)

A sillimanita é un dos tres silicatos de aluminio polimórficos. Os outros dous son a andalucita e a cianita. Unha das variedades de sillimanita máis coñecida é a fibrolita, denominada así porque a súa aparencia é similar a un novelo de fibras. Ambas as formas, a tradicional e a fibrosa son tipos orixinados no metamorfismo de rochas sedimentarias. É un mineral índice que indica altas temperaturas pero presión variable. Exemplos de rochas que a conteñen son gneis e granulitas. Aparece coa andalucita, cianita, feldespato potásico, almandino, cordierita, biotita e cuarzo en xistos, gneis, corneanas e tamén raramente en pegmatitas.[3][2] A dumortierita e a mullita[4] son especies minerais similares atopadas na porcelana.[5]

Adoita presentarse en agregados de cristais longos, bacilares, fibrosos, ás veces curvados. Tamén en masas columnares ou fibrosas ou en cantos rodados.

Utilización

[editar | editar a fonte]

A sillimanita natural utilízase como endurecedor nos procesos cerámicos e na fabricación de refractarios de alto contido en alúmina ou ladrillos de 55-60 % de alúmina. Porén, para este fin foi substituída na súa maior parte por outros polimorfos de aluminosilicatos, a andalucita e a cianita.[6] En 1998, a sillimanita representaba só o 2 % de toda a produción de minerais de aluminosilicatos do mundo occidental.[7]

Atopáronse útiles fabricados de sillimanita que datan xa de tempos prehistóricos. En 2023 atopouse no xacemento burgalés de Atapuerca unha aixola nos niveis do Neolítico, ferramenta para traballar a madeira, probablemente extraída na provincia de Zamora (España).[8]

  1. Definición de sillimanita no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  2. 1 2 http://www.mindat.org/min-3662.html Mindat.org.
  3. http://rruff.geo.arizona.edu/doclib/hom/sillimanite.pdf Arquivado 19 de novembro de 2011 en Wayback Machine. Handbook of Mineralogy
  4. Definición de mullita no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  5. Klein, Cornelis and Cornelius S. Hurlbut, Jr., Manual of Mineralogy, 1985, Wiley 20ª ed., p. 380 ISBN 0-471-80580-7
  6. Gilchrist, J.D. (1977). "Alumino-Silicate Refractories". Fuels, Furnaces and Refractories: 258–272. ISBN 9780080204307. doi:10.1016/B978-0-08-020430-7.50027-X.
  7. Ihlen, Peter M. (2000). "Utilisation of sillimanite minerals, their geology, and potential occurrences in Norway – an overview" (PDF). Geological Survey of Norway Bulletin 436: 113. Consultado o 29 de agosto de 2023.
  8. Marta Casado (27 de agosto de 2023). "Tras el rastro de pinturas rupestres en Atapuerca". Diario de Castilla y León / El Mundo. Consultado o 29 de agosto de 2023.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]