Silje Nergaard

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSilje Nergaard

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento19 de xuño de 1966 Editar o valor em Wikidata (57 anos)
Steinkjer, Noruega Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeNoruega Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante , compositora de cancións , músico de jazz , compositora , artista discográfico Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1985 Editar o valor em Wikidata -
Xénero artísticoJazz Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoEmArcy Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeHeine Totland (en) Traducir (1998–2022) Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina websiljenergaard.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm1856305 Facebook: SiljeNergaard Instagram: siljenergaardmusic MySpace: siljenergaard Spotify: 3hCQUVIcg8nWvkZToF4rqc iTunes: 13493860 Musicbrainz: d422e9c0-b492-4cb2-8267-ccd5973e8a54 Songkick: 193730 Discogs: 99385 Editar o valor em Wikidata

Silje Nergaard, nada en Steinkjer o 19 de xuño de 1966, é unha vocalista e compositora de jazz norueguesa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nergaard medrou en Hamar[1] e pola súa nai familiarizouse coa música de Stan Getz e João Gilberto aínda que tamén lle gustaba ABBA e Al Jarreau. Con 16 anos subiu ao escenario onde a banda de Jaco Pastorius realizaba unha jam session no festival de jazz de Molde e a prensa fíxose eco da súa interpretación. Despois Pat Metheny axudouna a a obter o seu primeiro contrato cunha discográfica e fíxose coñecida internacionalmente en 1990, especialmente no Xapón, co álbum Tell Me Where You're Going, que se situou no número un das listas da radio xaponesa. En 1999 logrou unha mención honorífica na USA Songwriter Competition pola canción "I Don't Want To See You Cry". Port of Call estivo en 2000 no alto das listas dos álbums máis vendidos do seu país e en 2001 At First Light converteuse no álbum noruegués de jazz máis vendido de todos os tempos[2] e foi número un en vendas na súa primeira semana. No ano 2003 fíxose co Spellemann do ano nos Spellemannprisen e en 2005 co Gammleng na categoría de jazz.

Con Al Jarreau, gravou o dueto "We Should Be Happier By Now", que apareceu no seu álbum compilatorio Be still my heart - The Essential de 2005. En 2010 a canción principal do álbum A Thousand True Stories, comercializado o ano anterior e que gravou co Metropole Orkest en 2008, Based On a Thousand True Stories recibiu unha candidatura aos Grammy na categoría de mellor arranxo musical, realizado por Vince Mendoza[3]. En 2012 lanzou o álbum Unclouded, baseado en gravacións coa súas dúas guitarristas Hallgrim Bratberg e Håvar Bendiksen. Nove dos temas son da súa autoría, e inclúe tamén versións de "Human" de The Killers e The Moon's a Harsh Mistress de Jimmy Webb. No álbum tamén colaboraron John Scofield, Georg Wadenius, Knut Reiersrud e Nils Petter Molvær.

Colaborou con Aldeas Infantís SOS durante varios anos e en 2005 foi embaixadora dunha nova aldea infantil en Blantyre (Malawi) que abriu en 2007.[4]

Discografía[editar | editar a fonte]

  • Tell Me Where You're Going (1990)
  • Silje (1991)
  • Cow On the Highway (1993)
  • Brevet (1995)
  • Hjemmefra (1996)
  • Port of Call (2000)
  • At First Light (2001)
  • Nightwatch (2003)
  • Be Still My Heart - The Essential (2005)
  • Darkness Out of Blue (2007)
  • A Thousand True Stories (2009)
  • If I Could Wrap Up a Kiss (2010)
  • Unclouded (2012)
  • Chain of Days (2015)
  • For you a thousand times (2017)
  • Japanese Blue (2020)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Martin Bjørnesen: Hjem i egen sang. Tilbake dit alt startet - Portrettintervju av Silje Nergaard - Musikkmagasinet/Klassekampen 4. mai 2020
  2. Stuart Nicholson (2005). Is Jazz Dead?: Or Has It Moved to a New Address. Routledge. p. 93. 
  3. "Silje Nergaard en Vince Mendoza genomineerd voor Grammy". IDBV. 12 de decembro de 2010. 
  4. Silje Nergaard og SOS-barnebyer - www.sos-barnebyer.no