Sigillaria
Sigillaria Rango fósil: Carbonífero-Permiano, 323,2 Ma-254 Ma Posible rexistro do Devoniano | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Sigillaria mamillaris sp. Museo Estonio de Historia Natural, Tallin, Estonia. | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
|
Sigillaria é un xénero extinto de licófitas arborescentes que se reproducían por esporas, coñecidas desde o Carbonífero e o Permiano. Está relacionado co xénero máis famoso Lepidodendron, e máis distantemente cos modernos Isoetes.
Rexistro fósil
[editar | editar a fonte]Este xénero coñécese polo rexistro fósil desde o Devoniano medio ou o Carbonífero tardío, [1] pero diminuíu ata extinguirse a inicios do Permiano (o seu rango de idades vai desde hai 383,7 a 254,0 millóns de anos).[2] Atopáronse fósiles en Gran Bretaña, os Estados Unidos, o Canadá, a China, Corea, Tanzania e Zimbabwe.[3]
Descrición
[editar | editar a fonte]Sigillaria era unha planta de porte arbóreo que acadaba alturas de ata 30 m,[1] e outras licopsidas podían chegar aos 50 m.[4] Estas licópsidas tiñan un tronco alto, non ramificado ou ocasionalmente bifurcado[2] que carecía de madeira. O sostén da planta dependía dunha capa de bases foliares estreitamente empaquetadas xusto debaixo da superficie do tronco, mentres que o centro do tronco estaba cheo dunha medula. As follas longas e parecidas a herba[5] uníanse directamente ao tronco e crecían [1] formando unha espiral ao longo do tronco.[2] As bases foliares vellas expandíanse a medida que o tronco crecía en grosor, e deixaban unha cicatriz con forma de diamante, que é evidente nos fósiles. Estas cicatrices foliares estaban dispostas en ringleiras verticais.[1] A superficie do tronco tiña tecido fotosintético, o que significa que probablemente era verde.
O tronco tiña na parte superior un plumeiro de longas follas tipo herba microfilas,[5] así que a planta tiña o aspecto dun alto cepillo bifurcado. A planta producía esporas (non sementes) en estruturas parecidas a conos [5] adheridas ao tronco.[2][6]
As estruturas subterráneas das licófitas arborescentes, incluíndo Sigillaria e Lepidodendron, denomínanse Stigmaria (tratado como un taxon fósil). As licópsidas tiñan rizomas ou eixes rizomórficos parecidos a talos, con apéndices laterais unidos ás escamas circulares, formando unha rede subterránea de raiciñas ramificadas. Estas raiciñas de estigmarias ramificábanse dicotomicamente desde os rizomorfos similares a Isoetes, e espallábanse por áreas do bosque pantanoso no que se xeraba carbón onde normalmente vivían os licopodios. Identificáronse pelos radiculares que saían das raiciñas nas Stigmaria fósiles.[7]
Sigillaria, como moitos antigos licopodios, tiña un ciclo vital relativamente curto; crecía rapidamente e acadaba a madureza en poucos anos. Pénsase que Sigillaria era monocárpico, o que significa que morría despois da reprodución, aínda que isto non está probado.[5] Estaba asociado con Lepidodendron e outros licópsidos dos bosques que xeraron carbón do Carbonífero.[1]
Especies
[editar | editar a fonte]Entre as especies deste xénero están:[8]
- S.alveolaris Brongniart (1828)
- S.barbata Weiss (1887)
- S.bicostata Weiss (1887)
- S.boblayi Brongniart (1828)
- S.brardii Brongniart (1828)
- S.cancriformis Weiss (1887)
- S.cristata Sauveur (1848)
- S.cumulata Weiss (1887)
- S.davreuxii Brongniart (1828)
- S.densifolia Brongniart (1836)
- S.elegans Sternberg (1825)
- S.elongata Brongniart (1824)
- S.fossorum Weiss (1887)
- S.hexagona Brongniart (1828)
- S.loricata Weiss (1887)
- S.mammiliaris Brongniart (1824)
- S.menardi Brongniart (1828)
- S.micaudi (Zeller (1886-1888)
- S.monostigma Lesquereux (1866)
- S.orbicularis Brongniart (1828)
- S.ovata Sauveur (1848)
- S.pachyderma Brongniart (1828)
- S.principes Weiss (1881)
- S.reticulata Lesquereux (1860)
- S.rugosa Brongniart (1828)
- S.saulii Brongniart (1836)
- S.schotheimiana Brongniart (1836)
- S.scutellata Brongniart (1822)
- S.sillimanni Brongniart (1828)
- S.tesselata Brongniart (1828)
- S.transversalis Brongniart (1828)
- S.trigona Sternberg (1826)
- S.voltzii Brongniart (1828)
Galería
[editar | editar a fonte]-
Sigillaria licopodio fósil, Joggins, Nova Escocia, Canadá
-
Fósil de tronco de Sigillaria unido a un sistema radicular de estigmaria (rizomas de licópsidos)
-
Réplica de Sigillaria sp. na Universidade da Coruña
-
Licópsido in situ que é probablemente unha Sigillaria da Formación Joggins do Pensilvaniano en Nova Escocia
-
Detalle das cicatrices foliares dunha Sigillaria notata
-
Sigillaria mammillaris
-
Sigillaria elegans
-
Representacións de como eran en vida as Sigillaria
-
Sigillaria conservada nos cantís de Joggins, Nova Escocia, Canadá
-
Casca de licopodio (posiblemente unha das primeiras especies de Sigillaria) mostrando as cicatrices foliares, do Devoniano medio de Wisconsin.
-
Representación de como era en vida.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Hans' Paleobotany Pages - The clubmoss tree Sigillaria
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 Encyclopædia Britannica
- ↑ "Paleobiology Database". Arquivado dende o orixinal o 06 de novembro de 2023. Consultado o 24 de xaneiro de 2024.
- ↑ V. V. Alekhin (1961). Geografiia rastenii s osnovani botaniki (Geography of plants and basics of botany). Gos. nauchno-pedagog. izd-vo. p. 167. Consultado o 2020-10-05.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 "Encyclopedia of life". Arquivado dende o orixinal o 07 de xullo de 2018. Consultado o 24 de xaneiro de 2024.
- ↑ Sebastián González, D. and Celia Gutiérrez, M. (2014). El Bosque Petrificado de Olta: 300 millones de años después ISBN 9781312079465
- ↑ Hetherington, A.J.; Berry, C.M.; Dolan, Liam (2016). "Networks of highly branched stigmarian rootlets developed on the first giant trees". PNAS 113 (24): 6695–6700. PMC 4914198. doi:10.1073/pnas.1514427113.
- ↑ Hans' Paleobotany Pages - Species of Sigillaria
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- William A. DiMichele, Richard M. Bateman: The Rhizomorphic Lycopsids: A Case-Study in Paleobotanical Classification. Systematic Botany, 1996, volume 21, páxinas 535-552.
- Thomas N. Taylor, Edith L. Taylor, Michael Krings: Paleobotany. The Biology and Evolution of Fossil Plants. Segunda edición, Academic Press 2009, ISBN 978-0-12-373972-8, páxinas 303-307
- J. W. Sir Dawson - On the structure and affinities of Sigillaria, Calamites and Calamodendron - 16 de agosto de 2011 ISBN 1175560871
- Silva Pineda, A. (2003). "Flora del Pérmico de la región de Izúcar de Matamoros, Puebla". En Soto, L. A. Agustín Ayala-Castañares: universitario, impulsor de la investigación científica. UNAM. p. 371. ISBN 9789703207893
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sigillaria |