Sifnos - Σίφνος

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sifnos - Σίφνος
Vista da illa
Sifnos.jpg
Datos
Capital
País Grecia
Localización Mar Mediterráneo
Arquipélago Cícladas
Linguas Grego
Poboación (2001) 2.442 hab.
Superficie 74 km²
Densidade
Coordenadas 36°59′N 24°40′E / 36.983°N 24.667°E / 36.983; 24.667
Maior Altura 177 m.
Localización
Localización  da illa

Sifnos (grego, Σίφνος) é unha illa do arquipélago das Cícladas en Grecia. A cidade é tamén coñecida como Apolonia.

Sifnos sitúase na parte occidental menos turística das Cícladas entre Serifos e Milos e está localizada ao oeste de Delos e Paros. Está a 130 km (80 millas náuticas) do Pireo. Mide 15 km de longo por 7,5 km de ancho. Á illa chégase nos ferris da liña Pireo- Citnos- Serifos- Sifnos- Milo- Kimolos.

Sifnos era moi rica na Antigüidade, grazas ás súas minas de ouro e prata. Proba diso, é o tesouro que os sifnios construíron en Delfos no século -VI.

Debido á fisioloxía da illa (ricas vetas de arxila, tempo asollado e suaves temperaturas) Sifnos foi tradicionalmente ao capital da cerámica do Exeo. As antigas olerías atopábanse nas rexións centrais como Artemón e Ano Petali para evitar os ataques piratas.

Comunidades[editar | editar a fonte]

Historia[editar | editar a fonte]

Plinio o Vello di que o seu nome orixinal foi Merope. Foi colonizada polos xonios de Atenas e recibiu o nome de Sifnos, o fillo de Sunios.

En tempos de Polícrates de Samos era considerada a illa máis rica das illas do mar Exeo. Unha décima parte da súa riqueza depositábana en Delfos. Os seus edificios públicos eran decorados con mármore de Paros.

A finais do século VI a. C. foi invadida por exiliados de Samos, atraídos pola súa riqueza, e que obtiveron un rescate de 100 talentos. No 480 a. C. rexeitaron pagar tributo a Xerxes I e enviaron un barco a Salamina. Despois foron membros da confederación de Delos e pagaban un tributo anual de 3.600 dracmas.

As minas comezáronse a esgotar e deixaron de enviar a décima parte a Delfos; supostamente como castigo dos deuses unha inundación do mar (un tsunami seguramente) destruíu as minas.

En tempos de Estrabón eran tan pobres que ser como un pobre de Sifnos era unha expresión proverbial. Tamén actuar como un sifnio era sinónimo de actuar malvadamente.

As copas de pedra e outra cerámica da illa eran moi coñecidas e famosas.

A capital da illa era a cidade do mesmo nome na costa este, e había outras dúas cidades chamadas Apolonia e Minoa (segundo Esteban de Bizancio). A moderna cidade de Sifnos ten á beira as ruínas da vella, formadas por restos da muralla e fragmentos de mármore.

Tesouro dos sifnios[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]