Sidney M. Gutierrez
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 27 de xuño de 1951 Albuquerque |
| Educación | Escola de Pilotos de Probas da Forza Aérea dos Estados Unidos Webster University (en) Academia da Forza Aérea dos Estados Unidos de América Valley High School (en) |
| Actividade | |
| Ocupación | oficial, astronauta |
| Empregador | NASA, astronauta |
| Carreira militar | |
| Rama militar | Forza Aérea dos Estados Unidos de América |
| Rango militar | coronel (pt) |
| Tempo no espazo | 20 días, 8 horas e 3 minutos |
| Premios | |
Sidney McNeill Gutierrez, nado en Albuquerque (Novo México), o 27 de xuño de 1951, é un astronauta estadounidense retirado que formou parte das misións STS-40 e STS-59.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Gutierrez graduouse en enxeñería aeronáutica pola Academia da Forza Aérea dos Estados Unidos en 1973 e é máster en xestión polo Colexio Webster en 1977.[1][2]
Foi seleccionado pola NASA en maio de 1984, chegando a ser oficialmente astronauta en xuño de 1985 tras un ano de adestramento. Participou nas misións STS-40 e STS-59, pasando 20,34 días no espazo. Deixou a NASA en setembro de 1994.[1][2]
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 Mark Wade (2020). "Gutierrez, Sidney McNeill 'Sid'" (en inglés). Consultado o 4 de maio de 2020.
- 1 2 3 NASA (ed.). "NASA’s Hispanic Astronauts" (PDF) (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de xuño de 2020. Consultado o 4 de maio de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sidney M. Gutierrez |