Siefredus de Northumbria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Sichfrith Jarl»)
Infotaula de personaSiefredus de Northumbria

Editar o valor em Wikidata
Biografía
NacementoSegunda metade século IX Editar o valor em Wikidata
MorteDespois de 900 Editar o valor em Wikidata
King of Northumbria (en) Traducir
895 (Gregoriano) – 900 (Gregoriano)
← GuthredCnut de Northumbria →
Monarca
Editar o valor em Wikidata

Siefredus (tamén escrito Sichfrith), foi rei da Northumbria conquistada polos viquingos, chamada Jórvik, desde o 895 ata o 900, datas deducidas polas moedas atopadas. Algúns autores identifícano cun pretendente ao trono de Irlanda do mesmo nome.

Moedas atopadas[editar | editar a fonte]

Penique de prata de Siefredus.

En 1840 coñeceuse un grupo de máis de 8.000 moedas, o chamado tesouro de Cuerdale (Lancashire). Parte deste tesouro eran moedas de prata que levaban a inscrición en latín SIEFREDUS REX, un rei do que non tiña oído falar antes[1][2]. O nome doutro rei, que si que era coñecido, Cnut, apareceu noutras moedas do mesmo tesouro. A secuencia das moedas indicaba que Cnut gobernara despois de Siefredus, aproximadamente entre o 900 e o 905. Isto suxire que Siefredus sería o sucesor de Guthred, e que o seu reinado podería ser datado entre o 895 e o 900. Os nomes de Cnut e Siefredus están xuntos nalgunhas moedas, quizais para indicar que gobernaron conxuntamente por un tempo[3].

Identificación[editar | editar a fonte]

O historiador Alfred Smyth e outros propuxeron que Siefredus podería ser a mesma persoa que foi á fronte dunha frota de viquingos para conquistar Wessex en 893. Tamén se suxeriu que podería ser o mesmo Sichfrith que aquel mesmo ano reclamou o trono de Dublín[3]. Aínda que non hai ningunha forma de saber se este é o mesmo Sichfrith mencionado nos Anais do Ulster, é plausíbel, e é moi probábel que teña habido contacto entre o reino viquingo de Northumbria e de Dublín neste período[4]. Presentáronse dúas teorías que compiten para explicar as orixes do Siefredus. Smyth propuxo que Siefredus fose un northumbriano que zarpou cara a Dublín despois de que a súa frota desembarcase un exército no territorio de Wessex. Segundo esta teoría Siefredus  fracasou ao tomar a cidade por mor de desavinzas entre os viquingos de Dublín, revolta que consta nos Anais do Ulster[5]. Angus, por outra banda, propón que Siefredus era de Dublín e que marchou cara a illa de Gran Bretaña cando fracasou no intento de acadar o trono[6]. A explicación de Smyth é considerada a máis probábel xa que na Crónica de Æthelweard se dá a entender que Sichfrith era northumbriano[4]. Unha terceira explicación é a proposta por Cannon e Hargreaves, segundo a cal Siefredus e Cnut sería a mesma persoa[7].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ullditz 2014, p. 199–200.
  2. Logan 2005, p. 141.
  3. 3,0 3,1 Downham 2007, p. 79–80.
  4. 4,0 4,1 Downham 2007, p. 73.
  5. Smyth 1975, p. 34.
  6. Angus 1965, p. 147.
  7. Cannon & Hargreaves 2009, p. 64–65.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]