Siberut
Siberut | |
---|---|
![]() | |
![]() Localización da illa | |
Situación | |
País | ![]() |
Provincia | Sumatra occidental |
Arquipélago | Illas Mentawai |
Mar | Océano Índico |
Coordenadas | 1°23′S 98°54′L / -1.383, -98.900Coordenadas: 1°23′S 98°54′L / -1.383, -98.900 |
Xeografía | |
Xeoloxía | Prisma de acreción |
Superficie | 3.828´5 km² |
Punto máis alto | 384 m. Gunung Simatombotombo |
Demografía | |
Capital | Muarasiberut |
Poboación | 35.091 (Censo 2010) |
Densidade | 9´16 hab./km² |
Siberut é a máis grande e máis setentrional das illas Mentawai, situada a 150 quilómetros ao oeste de Sumatra no Océano Índico. Forma parte de Indonesia, a illa é o fogar principal para os mentawai. A metade occidental da illa foi declarada como Parque Nacional en 1993. Gran parte da illa está cuberta de selva, pero está explotada pola industria madeireira.
As illas menores adxacentes a Siberut inclúen Karamajet e Masokut, que se atopan no estreito Bungalaut no sur da illa.
Siberut viuse afectada polo tsunami de 2004, pero sen ningunha perda coñecida da vidas humanas.
Xeografía[editar | editar a fonte]
Illa Siberut ten un cálido e húmido clima de selva tropical, cunha choiva anual de 4.000 mm. As temperaturas oscilan entre 22 e 31 °C, e a media de humidade dun 81-85%. A costa leste ten moitos illotes, Baías e arrecife de coral, e está cuberta con bosques de mangleiros que se estenden ata 2 km de ancho antes de dar paso aos bosques de Nipa. O oeste é principalmente de bosques de Barringtonia e é difícil chegar por mor dun mar axitado e abruptos cantís. O interior montañoso elévase a 384 metros, con moitas correntes de auga que forman pantanos nas terras baixas.
Medio Ambiente[editar | editar a fonte]
Siberut foi recoñecida como Reserva da Biosfera en 1981. En 1993, a parte occidental da illa foi designada como Parque Nacional, cunha superficie de 1.905 km².
Ao redor do 70% dos bosques que están fóra da reserva están suxeitos a concesións madeireiras, algúns operativos e outros pendentes.
No ano 2001 a UNESCO trouxo unha nova fase do seu Programa Siberut, coa intención de protexer o ecosistema a través do desenvolvemento local. Esta fase implica a creación dunha asociación de comunidades locais, grupos conservacionistas e o goberno local, un enfoque que parece ser popular a nivel local.