Saltar ao contido

Siareiros Galegos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Siareiros Galegos
 Deporte
Datas
 Fundación / creación
1997 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Sede
 País
Identificadores
Freebase/m/06406pm Editar o valor en Wikidata
Wikidata
Adhesivo representativo dos Siareiros galegos, neste caso concretamente dun grupo denominado Celtarras

Siareir@s Galeg@s é un colectivo de apoio ás seleccións nacionais galegas que naceu no ano 2005, aínda que a súa actividade xa comezara a mediados da década dos 90.

A súa andaina como colectivo deu inicio o 29 de decembro de 2005, sendo nesta data o primeiro partido oficial da Selección Galega de fútbol despois de 69 anos sen poder facelo. O partido foi un rotundo éxito, conseguindo rematar días antes coas entradas para o encontro contra o Uruguai no estadio compostelán de San Lázaro, onde o fondo sur foi ocupado por Siareiros Galegos. O Galiza - Uruguai foi retransmitido pola TVG, nunha chuviosa noite.

No 2006, a Selección Galega xogou o seu segundo partido da era moderna, contra Ecuador, o cal remataría 1-1. O partido foi xogado no estadio herculino de Riazor, ante unhas 25.000 persoas, que arrouparon á selección en todo momento. Tamén asistiron algúns membros da comunidade ecuatoriana en Galiza. Antes do partido, o colectivo Siareiros Galegos organizou unha manifestación a prol da oficialidade das seleccións deportivas galegas, que foi seguida por unhas 3.000 persoas, recorrendo as rúas máis céntricas da Coruña. Logo acudiría ao fondo do estadio de Riazor, enchendo o mesmo e creando un ambiente extraordinario.

O colectivo conta na actualidade con centos de socios por todo o país e organiza todo tipo de actividades cívicas relacionadas co deporte, así como concertos e coloquios.

Partido Galiza-Kurdistán

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]