Siador, Silleda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Siador")
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Siador
Saleta.JPG
Campo da festa da aldea.
Concello Silleda
Poboación 109 hab. (2017)
Entidades de poboación 14

San Miguel de Siador é unha parroquia que se localiza no concello de Silleda. Segundo o IGE en 2009 tiña 146 habitantes (78 mulleres e 68 homes), distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 190 habitantes. Nesta parroquia celébranse anualmente a Romaría do Rapaz e a romaría da Saleta.

Historia[editar | editar a fonte]

A parroquia figura co nome de Senator e Seador en varios documentos medievais. É coñecida por atoparse nela o primeiro santuario de España de advocación mariana na honra da Nosa Señora da Virxe da Saleta creado en 1863, que cada 19 de setembro convoca a milleiros de peregrinos. Recentemente creouse tamén un Centro Espiritual Saletino rexentado por misioneiros da orde.

Veciños ilustres[editar | editar a fonte]

En Siador naceron o alcalde republicano de Silleda Emilio Alonso Paz; Benito Rivas Rodríguez, que foi xuíz municipal, e o seu fillo, Benito Rivas Fondevila, alcalde de Silleda entre 1971 e 1973; e Francisco María Rivas Taboada, fundador e benfeitor da Saleta, o seu fillo Elías Vicente Rivas Martínez e o fillo deste, Narciso Rivas Martínez, os dous últimos avogados.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Exiten varios castros nos termos desta parroquia, como o castro do Marco e o castro de Cartimil,así como outros restos arqueolóxicos: as mámoas de Montedas e Gandaracha e os petróglifos da Peneda do Encanto. Destaca o Pazo de Sestelo, propiedade da familia Rivas. No lugar de Penadagra atópase unha sobreira, cuxa idade se estima nuns 600 anos.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Siador[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Siador no concello de Silleda (Pontevedra)

A Barcia | Barro | O Campo | Cartimil | Cóscaros | Costoia | O Currelo | A Gouxa | O Marco | O Outeiro | Penadagra | O Redondo | Sestelo | Siador

Parroquias de Silleda[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Silleda

Abades (Santa María) | Ansemil (San Pedro) | Breixa (Santiago) | Carboeiro (Santa María) | O Castro (San Mamede) | Cervaña (San Salvador) | Chapa (San Cibrao) | Cira (Santa Baia) | Cortegada (Santa María) | Dornelas (San Martiño) | Escuadro (San Salvador) | Fiestras (San Martiño) | Graba (Santa María) | Lamela (San Miguel) | Laro (San Salvador) | Manduas (San Tirso) | Margaride (San Fiz) | Martixe (San Cristovo) | Moalde (San Mamede) | Negreiros (San Martiño) | Oleiros (San Miguel) | Parada (San Tomé) | Pazos (San Martiño) | Piñeiro (San Xiao) | Ponte (San Miguel) | Refoxos (San Paio) | Rellas (San Martiño) | Saídres (San Xoán) | Siador (San Miguel) | Silleda (Santa Baia) | Taboada (Santiago) | Vilar (San Martiño) | Xestoso (Santa María)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]