Siân Melangell Dafydd

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSiân Melangell Dafydd
Biografía
Nacemento28 de abril de 1977 Editar o valor em Wikidata (46 anos)
Dolgellau, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeGales Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de St Andrews Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta , tradutora , escritora Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata

Siân Melangell Dafydd, nada en Esclusham en 1977, é unha tradutora e escritora galesa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu na pequena aldea de Llwyneinion na comunidade de Esclusham. Licenciouse en historia da arte na Universidade de St Andrews en Escocia. Traballou en diversas galerías, deixándoo para se graduar en 2006 no curso de escritura creativa da Universidade de East Anglia. Publicou os seus relatos e poesías en numerosas revistas literarias. No ano 2009 gañou o premio de prosa do Eisteddfod Nacional de Gales pola novela Y Trydydd Peth publicada nese ano por Gwasg Gomer. En 2012 publicou co fotógrafo Paul White e o poeta Damian Walford Davies Ancestral Houses: the Lost Mansions of Wales/Tai Mawr a Mieri. Plastai Coll Cymru. A antoloxía Best British Short Stories 2014 recolleu o seu relato Hospital Field[1] e en Best British Poetry 2014 incluíuse o seu poema Big Cats. Tradutora ao galés das obras de Eoin Colfer Artemis Gwarth Ac Antur Yr Arctig (2009) e Artemis Gwarth a Chod Tragwyddoldeb (2009); de Bernard Ashley, Ty Dial (2011) e Milwr Bychan (2011) e de Brian Keaney Ysgol Jacob (2012). É coeditora da revista literaria Taliesin e da dixital Y Neuadd, e mais tamén profesora de ioga.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]