Shum

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaShum
Biografía
Nacemento19 de novembro de 1897 Editar o valor em Wikidata
Sant Martí de Maldà, España (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte28 de agosto de 1967 Editar o valor em Wikidata (69 anos)
Cuernavaca, México (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndebuxante , caricaturista , ilustrador Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua catalá e lingua castelá Editar o valor em Wikidata

Alfons Vila i Franquesa, coñecido como Shum, nado en Sant Martí de Maldà (provincia de Lleida) o 19 de novembro de 1897 e finado en Cuernavaca (México) o 28 de agosto de 1967[1], foi un debuxante e caricaturista catalán. Outros pseudónimos que usou foron Joan Baptista Acher e L'artista de les mans trencades (O artista das mans rotas). A súa militancia anarquista provocou varios encarceramentos e o exilio ao final da Guerra civil española.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Publicou en Solidaridad Obrera, Justícia Social, La Campana de Gràcia, L'Opinió, La Humanitat, Rambla, L'Esquella de la Torratxa, Papitu, ou Visca!, entre outros.[2]

En outubro de 1922 [3] foi condenado a morte pola súa participación nun intento de asasinato contra o xeneral Martínez Anido. e a explosión que se produciu mentres se manipulaban artefactos, que provocou a destrución do edificio e a morte de cinco persoas na rúa Toledo de Barcelona. A condena provocou unha campaña solidaria que reclamaba a abolición da pena de morte, na que participaron figuras tan destacadas como Màxim Gorki, Errico Malatesta, Santiago Ramón y Cajal, Valle-Inclán e especialmente a escritora Concha Espina, quen persoalmente reclamou o indulto ao directorio militar. [4] A campaña tamén incluíu unha exposición monográfica dos seus debuxos no Ateneu Enciclopèdic Popular. [5] Luís Seoane pronunciou unha conferencia de apoio a Shum e Bagaría no Centro republicano de Santiago.[6]

A condena foi finalmente conmutada por cadea perpetua, e foi indultado en 1931, con Victoria Kent como directora xeral de prisións da República. [7]

En 1934 foi nomeado membro da Junta de Museos de Barcelona. Formou parte do Grupo dos Seis xunto con Helios Gómez, Alfred Pascual i Benigani, Marcel·lí Porta i Fernanda, Lluís Elias i Bracons e Josep Bartolí i Guiu e participou na Unión de Ilustradores Profesionais.[2]

Loitou na fronte durante a guerra civil e exiliouse en Francia ao remate do conflito. Máis tarde viviu na República Dominicana [8] Cuba, Estados Unidos e finalmente en Cuernavaca, México, onde morreu.

Homenaxes[editar | editar a fonte]

O estudo Shum. El dibuixant anarquista (Shum. O artista anarquista) contén textos de Josep Maria Cadena, Lluis Solà e Jaume Capdevila. A través del pódese reconstruír as peculiares vicisitudes da vida deste home inclúen unha traxectoria tan breve e catastrófica no anarquismo barcelonés, seguida da súa fuxida de España e o seu paso por distintos países para desembarcar en México, onde morreu.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Shum". humoristan.org. Consultado o 25-1-2022.  (en catalán).
  2. 2,0 2,1 Capdevila i Herrero, Jaume (2010). "Dibuixants am l'esquerra" (PDF). Gazeta: 43-53.  (en catalán).
  3. "Shum". Fundación Acin. Arquivado dende o orixinal o 03-03-2016. Consultado o 25-1-2022. 
  4. José María García de Tuñón Aza (ed.). "Concha Espina, escritora universal". Nodulo.org.  (en castelán).
  5. Joan Sacs (6 de setembre de 1924). "Shum". La Publicitat. 
  6. "Luis Seoane Catalogo Razonado". www.luisseoanecatalogorazonado.com.es. Consultado o 2022-01-25. 
  7. Arquivo (18 de febreiro de 2000). "Indulto a Shum". El Periódico: 8. Arquivado dende o orixinal o 25 de xaneiro de 2022. Consultado o 25 de xaneiro de 2022. 
  8. Petició permís de residència a República Dominicana. Foto i firma (en inglés) [Ligazón morta]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Josep Maria Cadena, Jaume Capdevila e Lluís Solà (2019). Shum. El dibuixant anarquista, Diminuta, Barcelona. ISBN 9788494637612 (en catalán).

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]