Shuai jiao

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Shuai jiao
Shuai jiao wrestling.JPG
Información xeral
Lugar de orixeFlag of the People's Republic of China.svg China
Grafia
Nome nativo摔跤 ou 摔角
TraduciónLoita
relación con outras artes marciais
AntecedentesJiaodi
Jiaoli
Outras informacións
OlímpicaNon

Shuai jiao (en chinés: 摔跤 ou 摔角; pinyin: shuāijiāo; Wade-Giles: shuai-chiao) é unha das artes marciais da China, referíndose esta denominación, de modo máis ou menos amplo, ás técnicas de loita tradicional co emprego de golpes de derrubamento e inmobilización. Os combates desta loita desenvólvense dunha forma moi asemellada á das competicións de judo. Esta modalidade é considerada coma un xénero distinguido dentro do wushu, porque as súas características colócana nunha posición apartada da gran maioría dos estilos chineses, que dan énfase a golpes traumáticos ou golpes traumáticos coordinados con golpes de derrubamento, que serven máis coma medios auxiliares dos primeiros.[1][2][3]

O termo máis vello que designa esta loita, jiaodi (resistir ós cornos) remite a un antigo deporte no que os opoñentes enran ornados con cornos que utilizado para intentar golpear un ao outro. A lenda conta que o exército do Emperador Amarelo utilizou o Jiaodi, en 2697 a. C., para ferir os soldados dun exército rebelde mandado por Chi You. En tempos posteriores, os mozos divertiríanse cun tipo de competición, emulando as competicións de gando doméstico. O Jiaodi é considerado como a fonte orixinal desta loita e das outras formas de artes marciais máis tarde na China.[3]

O deporte jiaodi, á súa vez, está relacionado a unha danza ritualista chamada jiao dixi, que era executada coma forma de recordación dunha dunha batalla sucedida en 2700 a. C., na que guerreiros usaban helmos con cornas.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Kennedy, Brian; Guo, Elizabeth (2007). Blue Snake Books, ed. Chinese Martial Arts Training Manuals: A Historical Survey (en inglés). Berkeley. p. 248. 
  2. Burgess, Carl (2004). Trafford Publishing, ed. Tui Shou-San Shou: The Fundamentals of the Fighting Art of Taijiquan (en inglés). Victoria. p. 154. 
  3. 3,0 3,1 Guia do Lutador, ed. (5 de agosto de 2014). "Shuai Jiao, Wrestling Chinês" (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 23 de xaneiro de 2015. Consultado o 22 de xaneiro de 2015. 
  4. "Shuai Jiao - Throwing techniques" (en inglés). Consultado o 25 de xaneiro de 2015.