Shirin Neshat
Aparencia
Shirin Neshat (en persa: شیرین نشاط), nada en Qazvin en 1957,[1][2] é unha artista visual iraniana residente en Nova York, coñecida principalmente polo seu traballo en cinema, vídeo e fotografía.[3] A súa obra céntrase nos contrastes entre o islam e occidente, a feminidade e a masculinidade, a vida pública e a privada, a antigüidade e a modernidade, e en facer pontes entre eses temas.[4][5]
Neshat foi recoñecida en numerosas ocasións pola súa obra, como co Premio Internacional da XLVIII Bienal de Venecia en 1999,[6] o León de Prata á mellor dirección no 66.º Festival de Cinema de Venecia en 2009,[7] o nomeamento de Artista da Década polo crítico de The Huffington Post G. Roger Denson.[8]
Obras
[editar | editar a fonte]- Turbulent, 1998. Instalación con dúas canles de vídeo e son.
- Rapture, 1999. Instalación con dúas canles de vídeo e son.
- Soliloquy, 1999. Instalación con vídeo en cor e son coa artista como protagonista.
- Fervor, 2000. Instalación con dúas canles de vídeo e son.
- Passage, 2001. Instalación cunha única canle de vídeo e son.
- Logic of the Birds, 2002. Multimedia.
- Tooba, 2002. Instalación con dúas canles de vídeo e son baseada na novela de Shahrnush Parsipur Women Without Men.
- Mahdokht, 2004. Instalación con tres canles de vídeo e son.
- Zarin, 2005. Instalación cun único canle de vídeo e son.
- Munis, 2008. Instalación con vídeo en cor e son baseada na novela de Shahrnush Parsipur Women Without Men.
- Faezeh, 2008. Instalación con vídeo en cor e son baseada na novela de Shahrnush Parsipur Women Without Men.
- Possession, 2009. Instalación con vídeo en branco e negro e son.
- Women Without Men, 2009. Filme baseado na novela de Shahrnush Parsipur Women Without Men.
- Illusions & Mirrors, 2013. Filme encargado por Dior con Natalie Portman.
- Looking for Oum Kulthum, 2017, filme.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Shirin Neshat". THE SOLOMON R. GUGGENHEIM FOUNDATION. Consultado o 13 de setembro de 2017.
- ↑ "Shirin Neshat". International Center of Photography. 2 de marzo de 2016. Consultado o 13 de setembro de 2017.
- ↑ La Rocco, Claudia (14 de novembro de 2011). "Shirin Neshat's Performa Contribution". The New York Times. Consultado o 8 de febreiro de 2012.
- ↑ Holzwarth, Hans W. (2009). 100 Contemporary Artists A-Z (Taschen's 25th anniversary special ed.). Köln: Taschen. pp. 416–421. ISBN 978-3-8365-1490-3.
- ↑ Müller, Katrin Bettina. "Away overseas". Shirin Neshat artist portrait. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 5 de marzo de 2016.
- ↑ Susan Horsburgh (26 de marzo de 2001). "The Great Divide". Time. Arquivado dende o orixinal o 09 de xaneiro de 2012. Consultado o 27 de outubro de 2019.
- ↑ Homa Khaleeli (13 de xuño de 2010). "Shirin Neshat: A long way from home". The Guardian.
- ↑ Denson, G. Roger, "Shirin Neshat: Artist of the Decade", The Huffington Post, 20 de decembro de 2010.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Shirin Neshat |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Mohammed Afkhami, Sussan Babaie, Venetia Porter, Natasha Morris. "Honar: The Afkhami Collection of Modern and Contemporary Iranian Art." Phaidon Press, 2017.