Shireen Abu Akleh

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaShireen Abu Akleh

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(ar) شيرين أبو عاقلة
(ar) شيرين نصري أبو عاقلة Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(ar) شيرين نصري أنطون أبو عاقلة Editar o valor em Wikidata
3 de abril de 1971 Editar o valor em Wikidata
Xerusalén, Israel Editar o valor em Wikidata
Morte11 de maio de 2022 Editar o valor em Wikidata (51 anos)
Jenin, Estado de Palestina Editar o valor em Wikidata
Causa da morteHomicidio Editar o valor em Wikidata (Ferida por arma de fogo Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaMount Zion Cemetery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaXerusalén
Beit Hanina (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América
Estado de Palestina Editar o valor em Wikidata
RelixiónCristianismo ortodoxo Editar o valor em Wikidata
EducaciónYarmuk University (pt) Traducir - xornalismo (–1991)
Jordan University of Science and Technology (en) Traducir - arquitectura
Rosary Sisters of Jerusalem (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , reporteira , television journalist (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1997 Editar o valor em Wikidata - 11 de maio de 2022 Editar o valor em Wikidata
EmpregadorAl Jazeera (1997–2022) , morte
Agência das Nações Unidas de Assistência aos Refugiados da Palestina no Próximo Oriente (pt) Traducir
Monte Carlo Doualiya (en) Traducir
Voice of Palestine (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaÁrabe, lingua inglesa e lingua hebrea Editar o valor em Wikidata
Familia
ParentesLina Abu Akleh (pt) Traducir (sobriña) Editar o valor em Wikidata
Cronoloxía
11 de maio de 2022Assassinato de Shireen Abu Akleh (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm13656978 Facebook: shireen.nasri.3 Twitter: ShireenNasri Editar o valor em Wikidata

Shireen Abu Akleh (en árabe: شيرين أبو عاقلة; nada o 3 de abril de 1971 e finada o 11 de maio de 2022) foi unha xornalista palestina-estadounidense que traballou como reporteira para a canle en lingua árabe Al Jazeera durante 25 anos, até que morreu executada por un francotirador do exército israelí mentres reportaba unha incursión militar das Forzas de Defensa de Israel en Xinin, a terceira cidade máis importante de Palestina.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ao longo da súa traxectoria, cubriu numerosos acontecementos da historia de Palestina á vez que analizou a política de Israel. As súas reportaxes televisivas e os seus peches de transmisión fixéronse moi coñecidos, e como xornalista líder no mundo árabe, inspirou a moitos árabes e palestinos (especialmente mulleres) a comezar a súa carreira no xornalismo.[2][3]

O 11 de maio de 2022, mentres vestía un chaleco azul coa palabra "PRESS" escrita nel, recibiu un disparo e foi asasinada mentres informaba dunha incursión das Forzas israelís (IDF) no campo de refuxiados de Xinín, en Cisxordania.[4][5] Al Jazeera, un fotoxornalista de Agence France-Presse e o Ministerio Palestino de Saúdo indicaron que as IDF asasinárana. Israel suxeriu inicialmente que puido matala un palestino, mais o 13 de maio as IDF afirmaron que unha mostra atopada amosaba a posibilidade de que fose responsabilidade das IDF,[6] ou tamén do fogo palestino.[7][8] Investigacións independentes levadas a cabo por Associated Press, Bellingcat, CNN, The New York Times e The Washington Post concluíron que foi o fogo das IDF o que causou a morte de Akleh.[9] A CNN mesmo indicou que puido ser un obxectivo das IDF.[10] O 24 de xuño, a Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos (OHCHR) concluíu que Abu Akleh fora asasinada por un dispado das IDF. A investigación da Autoridade Nacional Palestina chegou á mesma conclusión, indicando que foi deliberadamente abatida mentres intentaba fuxir.[11]

A natureza da súa morte e a posterior interrupción violenta do seu funeral pola policía israelí, que atacou os portadores do seu cadaleito armada con porras, provocaron unha ampla condena internacional a Israel.[12] Ao seu funeral acudiron decenas de miles de palestinos e crese que foi o meirande funeral en Xerusalén dos útimos vinte anos.[13][14]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "A ONU confirma que a xornalista palestina Abu Akleh foi asasinada por Israel". Nós Diario. 24 de xuño de 2022. Consultado o 5 de agosto de 2022. 
  2. Gostoli, Ylenia (13 de maio de 2022). "How Shireen Abu Akleh inspired a generation of female reporters" (en inglés). Consultado o 20 de xuño de 2022. 
  3. "A Look Back at Shireen Abu Akleh: A Journalist Who Inspired Generations". About Her (en inglés). 21 de maio de 2022. Consultado o 20 de xuño de 2022. 
  4. "Palestinian-American Al Jazeera journalist Shireen Abu Akleh killed covering Israel Defense Forces raid in West Bank". CBS News (en inglés). 11 de maio de 2022. Consultado o 12 de maio de 2022. 
  5. Khoury, Jack (11 de maio de 2022). "Al Jazeera Reporter Killed, Another Journalist Wounded in Israeli Army Raid in Jenin". Haaretz (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 11 de maio de 2022. Consultado o 11 de maio de 2022. 
  6. "Israeli military ID's gun that may have killed journalist". The New Arab. 19 de maio de 2022. Consultado o 22 de xuño de 2022. 
  7. staff, T. O. I. "Initial IDF probe of reporter's death proposes 2 scenarios for who fired fatal shot". www.timesofisrael.com. 
  8. Halpern, Orly (13 de maio de 2022). "Israel's Troubling Response to Shireen Abu Akleh's Killing". Time. 
  9. Abdulrahim, Raja; Kingsley, Patrick; Triebert, Christiaan; Yazbek, Hiba; Robibero, Phil (20 de xuño de 2022). "The Killing of Shireen Abu Akleh: Tracing a Bullet to an Israeli Convoy". The New York Times. Consultado o 20 de xuño de 2022. 
  10. Saifi, Zeena; Mackintosh, Eliza; Alkhaldi, Celine; Khadder, Kareem; Polglase, Katie; Mezzofiore, Gianluca (24 de maio de 2022). "New evidence suggests Shireen Abu Akleh was killed in targeted attack by Israeli forces". CNN (en inglés). Consultado o 24 de maio de 2022. 
  11. "Israeli forces deliberately shot Shireen Abu Aqleh, Palestinian probe finds". the Guardian (en inglés). 26 de maio de 2022. Consultado o 27 de maio de 2022. 
  12. staff, T. O. I. "After international outcry, police open probe into violence at reporter's funeral". www.timesofisrael.com. 
  13. "Israeli police beat mourners at funeral of slain Palestinian journalist". Reuters (en inglés). 14 de maio de 2022. Consultado o 14 de maio de 2022. 
  14. "Israeli police beat pallbearers at journalist's funeral". AP NEWS. 13 de maio de 2022. Consultado o 18 de xullo de 2022.