Shin-chan na illa do tesouro(クレヨンしんちゃん ブリブリ王国の秘宝,Crayon Shin-chan: Buriburi Ōkoku no Hihō?) é un filme de animación baseado no animeShin-chan. No Xapón, a estrea deste filme produciuse nos cinemas o 23 de abril do 1994.
Cacho sorte tivo a familia Nohara! Veñen de gañar un sorteo no que lles tocou unha viaxe ao Reino do Cu, un paraíso nunha illa tropical do que moi poucos escoitaron falar... Pero non todo é tan marabilloso como parece. O que o pequeno bulebule e os seus pais non saben é que foron vítimas dunha estratatexama argallada polo Exército Cobra Branca.
Estas vacacións imprevistas son só unha trampa para que o malvado conde Anaconda e os seus axentes acaden un tesouro dun valor incalcualble. A intención destes inimigos é usar a Shin Chan como chave que lles vai conducir aos seus obxectivos. E é que Shin Chan é dereitiño ao príncipe Sunnokeshi do Reino do Cú e nesta civilización perdida da xungla existe a crenza de que dous nenos iguais están predestinados a abrir a porta do palacio subterráneo que contén o poder total.
O que o Exército Cobra Branca descoñece é que Shin Chan non é unha peza doada de controlar e que non hai lendas nin trucos máxicos que poidan resisitir o seu carácter de fedello. Ademais, durante a aventura, Shin Chan, seus pais e os amigos que atopa polo camiño terán que sortear uha chea de perigos e situacións senlleiras co humor e o descaro do cativo Shinnosuke.
A canción empregada na versión orixinal como tema de peche é 約束See You! (Prométoche que nos habemos volver ver!) interpretada por Kyoko Kishi. Non obstante, na versión galega, optouse por substituír este tema polo segundo peche da serie, é dicir, polo tema interpretado por Teresa Santamaría, chamado Ven comigo a esta festa.