Shin-chan: Operación rescate
| Shin-chan: Operación rescate | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Título
| |||||||
|
Instancia de
| |||||||
|
Xénero
| |||||||
|
Lingua orixinal
| |||||||
|
Cor
| |||||||
| Autoría | |||||||
|
Director/a
| |||||||
|
Guionista
| |||||||
| Temática | |||||||
|
Tema principal
| |||||||
|
Ambientado en
| |||||||
|
Baseado en
| |||||||
| Publicación | |||||||
|
Compañía produtora
| |||||||
|
Distribuidor/a
| |||||||
|
Parte da serie
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata | |||||||
Shin-chan: Operación rescate (クレヨンしんちゃん 電撃!ブタのヒヅメ大作戦 Crayon Shin-chan: Dengeki! Buta no Hizume Daisakusen?) é un filme de animación baseado no anime Shin-chan. No Xapón, a estrea deste filme produciuse nos cinemas o 18 de abril do 1998.
En galego, estreouse nos cinemas o 25 de xuño do 2004 e saíu á venda en DVD o 3 de novembro do mesmo ano. O 20 de xuño de 2004, Keichi Hara e Hitoshi Mogo, o director e o produtor da longametraxe, estiveron presentes en Santiago de Compostela na preestrea do filme en Galiza[1].
Sinopse
[editar | editar a fonte]A historia comeza cando unha axente secreta se agocha no barco onde estaban ceando os alumnos da escola Futaba na Baía de Toquio. Os Pezuño de Porco perséguena e levan o barco canda eles, xunto con Shin Chan e os seus amigos a bordo.
A partir de aí Shin Chan, Masao, Nene, Kazama e Boo-chan van con esta axente a todas partes como reféns dos Pezuño de Porco. Ao mesmo tempo, un axente da SML vai ás casas dos nenos recollendo fotos deles para recoñecelos e rescatalos. Pero cando chega á casa dos Nohara, Misae con Himawari e Hiroshi van tras del ata Hong Kong para rescatar ao seu fillo. Ao final o axente acepta a súa compaña e axuda.
Ao final da aventura, todos están na base secreta dos Pezuño de Porco en Siberia. Alí son testemuñas do método que queren usar para dominar o mundo, un virus informático, o Porquiño Pirata. Mentres todos manteñen unha loita cos axentes dos Pezuño de Porco, Shin Chan entretén ao virus mentres o Profesor crea un antídoto para combatelo.
Dobraxe
[editar | editar a fonte]- Estudio: SODINOR S.A.
- Data: 2004.
- Dirección: Alfonso Valiño.
- Tradución: María Alonso Seisdedos.
- Elenco da dobraxe:
| Personaxe | Actor de dobraxe |
Actor orixinal |
|---|---|---|
| Shin Chan Nohara | Ana Lemos | Akiko Yajima |
| Misae Nohara | Charo Pena | Miki Narahashi |
| Hiroshi Nohara | Matías Brea | Keiji Fujiwara |
| Nene | Montse Davila | Tamao Hayashi |
| Kazama | Teresa Santamaría | Mari Mashiba |
| Boo-chan | Alicia Taboada | Chie Sato |
| Himawari | Helena Amoedo | Satomi Koorogi |
| Señorita Yoshinaga | Nora Abad | Yumi Takada |
| Señorita Matsuzaka | Beatriz García | Michie Tomizawa |
| Director "Mafioso" | Alfonso Valiño | Rokuro Naya |
| Porquiño Pirata | Óscar Fernández | Kaneto Shiozawa |
| Paticurto | César Cambeiro | Koichi Yamadera |
| Mama | Ana Maciñeiras | Minori Matsushima |
| Blade | Norberto Vilanova | Sho Hayami |
| Sexy Girl | Isabel Vallejo | Kotono Mitsuishi |
| Musculman | Gonzalo Faílde | Tesho Genda |
| Ánxela | Antón Olmos | Hiroshi Masuoka |
| Yoshito Usui | Manuel Pombal | Yoshito Usui |
| Profesor | Paco Barreiro | Junpei Takiguchi |
| Xefe dos Pezuño de Porco | Antón Cancelas | Isshin Chiba |
- Voces adicionais:
- ▪ Antón Rubal.
- ▪ Carolina Vázquez.
- ▪ Manuel Pombal.
- ▪ Monti Castiñeiras.
- ▪ Nora Abad.
Música
[editar | editar a fonte]A canción empregada na versión orixinal como tema de peche é PURENESS (Pureza) interpretada por SHAZNA. Non obstante, na versión galega, optouse por substituír este tema polo segundo peche da serie, é dicir, polo tema interpretado por Teresa Santamaría, chamado Ven comigo a esta festa.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 12 de marzo de 2016. Consultado o 17 de marzo de 2013.