Saltar ao contido

Shawn Rhoden

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Infotaula de personaShawn Rhoden

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento2 de abril de 1975 Editar o valor em Wikidata
Kingston, Xamaica Editar o valor em Wikidata
Morte6 de novembro de 2021 Editar o valor em Wikidata (46 anos)
Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Causa da morteinfarto agudo de miocardio Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Denver (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altura175 cm Editar o valor em Wikidata
Peso111 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónculturista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2002 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
DeporteCulturismo Editar o valor em Wikidata
Outro
Condenado porViolación (2019)
Abuso sexual (2019) Editar o valor em Wikidata

Shawn Rhoden, nado en Kingston o 2 de abril de 1975 e finado o 6 de novembro de 2021, foi un fisicoculturista xamaicano-estadounidense.[1] Gañou o Míster Olympia 2018, derrotando ao sete veces invito Phil Heath. Foi o fisicoculturista de maior idade en gañar o título de Míster Olympia á idade de 43 anos e cinco meses.

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Nacido en Kingston, Xamaica, Rhoden emigrou aos Estados Unidos en 1990 e estableceuse en Maryland.[2] Pasou por un período de alcoholismo tras a morte do seu pai, Lloyd, en 2002, pero superouno coa axuda da súa amiga Lenore Carroll.[3]

Carreira profesional[editar | editar a fonte]

Durante a súa adolescencia aspirou a ser futbolista. En 1992 comezou a involucrarse no culturismo grazas á inspiración dun ex Míster Universo, Yohnnie Shambourger. Tras unha carreira como afeccionado na que sufriu varias lesións e caeu na adición ao alcohol, gañou o seu cartón IFBB Prol en 2010.[3][2] Foi o 11.º no Míster Olympia 2011 (o seu debut), o 3.º no Míster Olympia 2012 e o 4.º na competición Míster Olympia 2013. Rhoden foi terceiro en Míster Olympia 2014 e 2015. En 2016 foi segundo. En 2018 converteuse no novo Míster Olympia en substitución de Phil Heath. Foi o fisiculturista de maior idade en gañar o título, á idade de 43 anos e 5 meses.<[1]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Michelle Sugar en 2018. Con todo, debido a problemas persoais e acusacións de infidelidade, divorciáronse. Rhoden faleceu dun ataque ao corazón o 6 de novembro de 2021.[4][1]

Problemas legais[editar | editar a fonte]

Foi acusado de agredir sexualmente a unha protexida mentres visitaba Salt Lake City (Utah), en outubro de 2018, pouco despois da súa vitoria en Míster Olympia. En xullo de 2019 foi acusado formalmente no estado de Utah de violación e abuso sexual.[5] Alegouse que Rhoden convidou a unha muller casada, á que estivera asesorando, a súa habitación nun hotel en Salt Lake, onde tiveron lugar as accións denunciadas. A compañía American Media LLC, que é o organismo organizador do concurso Míster Olympia, emitiu un comunicado en xullo de 2019, sinalando que se decidiu prohibir a Rhoden a súa participación no concurso Míster Olympia 2019, así como en futuras competicións.[6] O organismo reitor do deporte do culturismo e o fitness, a IFBB, emitiu un comunicado en xullo de 2019 a través do representante Jim Manion, no sentido de que non se tomarían medidas contra Rhoden ata que se recompilase máis información.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Morre o culturista Shawn Rhoden con 46 anos". Men's Health. 6 de novembro de 2021. Consultado o 7 de novembro de 2021. 
  2. 2,0 2,1 "Shawn Rhoden - profile". Arquivado dende o orixinal o 02 de outubro de 2013. Consultado o 03 de decembro de 2021. 
  3. 3,0 3,1 The Wheel Deal, Flex
  4. "Former Mr. Olympia Shawn Rhoden Reportedly Dead At 46 Years Old". 6 de novembro de 2021. Consultado o 6 de novembro de 2021. 
  5. Ladon, Jacob (18 de xullo de 2019). "Everything We Know So Far in Shawn Rhoden Case: Mr. Olympia to Pledge bail in Utah". 
  6. Ladon, Jacob (12 de xullo de 2019). "American Media LLC Revokes Shawn Rhoden's Eligibility for the 2019 Mr. Olympia". 
  7. Salmon, Jonathan (15 de xullo de 2019). "Jim Manion Gives Official Statement on Shawn Rhoden Case".