Saltar ao contido

Shambhala (filme de 2024)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Shambhala
 Título
   Shambala (ne) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
Características
 Cor
 Xénero artístico
 Lingua orixinal
Implicados
 Director/a
 Guionista
 Editor/a de cine
 Elenco
Datas
 Data de publicación
2024 Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Custo
   1.100.000 $ Editar o valor en Wikidata
 Duración
   150 min Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
 Puntuación da crítica
89% Rotten Tomatoes (4 de abril de 2025) Editar o valor en Wikidata
IMDB: tt30804400 Filmaffinity: 973623 Allocine: 325893 Rottentomatoes: m/shambhala Allmovie: am610649 Metacritic: movie/shambhala Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Shambhala (en nepalés: शम्भाला) é un filme nepalés de 2024 dirixido por Min Bahadur Bham a partir dun guión escrito por Bham e Abinash Bikram Shah. Está protagonizado por Thinley Lhamo, Tenzin Dalha e Sonam Topden.[1][2][3] Shambhala é o filme máis caro do Nepal xamais feito, cun orzamento de 15 crore. Foi escollido para competir no Festival Internacional de Cinema de Berlín, onde competiu polo Oso de Ouro. O filme narra a traxectoria vital dunha refuxiada tibetana na procura do seu marido desaparecido, ao tempo que está embarazada.

É unha coprodución internacional entre o Nepal, Francia, Noruega, Hong Kong, a China, Turquía, Taiwán, os Estados Unidos e Qatar e estreouse o 23 de febreiro de 2024 no Berlinale Palast.[4][5] Shambhala é o primeiro filme en lingua nepalesa en competir nun gran festival de cinema e o primeiro do sur de Asia en competir na sección principal do Festival Internacional de Cinema de Berlín en tres décadas.[6][7] Foi escollido como candidato do Nepal para o Óscar ó mellor filme internacional na 97ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.[8]

Personaxes

[editar | editar a fonte]
  1. "Shambhala". Best Friend Forever (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2024.
  2. "Shambhala". Berlinale. 6 de febreiro de 2024. Consultado o 6 de febreiro de 2024.
  3. Bham, Min Bahadur (9 de febreiro de 2024). "Shambhala". Cineuropa (en inglés). Consultado o 9 de febreiro de 2024.
  4. Abbatescianni, Davide (22 de xaneiro de 2024). "The Berlinale unveils its Competition and Encounters titles". Cineuropa (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2024.
  5. "Shambhala | Screenings". Berlinale (en inglés). Consultado o 2024-09-19.
  6. Bibek Bhandari (11 de febreiro de 2024). "Nepali film set to make history at Berlin International Film Festival: 'our cinema is ready to compete'". South China Morning Post. Consultado o 23 de febreiro de 2024.
  7. Naman Ramachandran (22 de febreiro de 2024). "Helicopter Rescues, Motorbike Accidents, Altitude Sickness: How Nepal's Min Bahadur Bham Overcame the Odds to Shoot Berlin Competition Title 'Shambhala' (EXCLUSIVE)". Variety (en inglés). Consultado o 23 de febreiro de 2024.
  8. "Picturesque Upper Dolpa and lingering questions". The Kathmandu Post (en English). Consultado o 2024-09-19.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]