Shadow of the Colossus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Shadow of the Colossus
Desenvolvedor(es)SIE Japan Studio
Team Ico
Distribuidora(s)Sony Computer Entertainment
Director(es)Fumito Ueda
Produtor(es)Kenji Kaido
Deseñador(es)Fumito Ueda
Compositor(es)Kow Otani
LanzamentoAmérica do Norte: 18 de outubro de 2005
Xapón: 27 de outubro de 2005
XéneroAcción e aventuras
Modos de xogoUn xogador
Clasificación PEGI PEGI 12 (2009-2010).svg
CERO CERO B.svg
USK USK 12.svg
Plataforma(s)PlayStation 2
editar datos en Wikidata ]

Shadow of the Colossus, estreado no Xapón como Wander and the Colossus (ワンダと巨像 (Wanda to Kyozō?)), é un videoxogo de acción e aventuras desenvolvido por SIE Japan Studio e Team Ico, e distribuído por Sony Computer Entertainment para a PlayStation 2. O xogo foi publicado en América do Norte e no Xapón en outubro de 2005 e na rexión PAL en febreiro de 2006.[1] Foi dirixido por Fumito Ueda en desenvolvido en SCEI's International Production Studio 1, tamén coñecido como Team Ico. Tivo o mesmo equipo de desenvolvemento que fixo o videoxogo de culto Ico,[2][3] do cal Shadow of the Colossus está considerado un sucesor espiritual.

O argumento do xogo céntrase nun mozo chamado Wander que entra nunha terra prohibida. Wander debe viaxar ó longo de vasto terreo a cabalo e derrotar dezaseis grandes seres, coñecidos sinxelamente como colosos,[4] co obxectivo de restaurar a vida dunha rapaza chamada Mono. O xogo é pouco convencional co xénero de acción e aventuras xa que non ten vilas nin alxubes para explorar, non hai outras personaxes coas que interactuar e non hai outros inimigos que derrotar que os colosos.[5][6] Shadow of the Colossus foi descrito como un xogo crebacabezas, no que se deben identificar as debilidades dos diferentes colosos e utilizalas para derrotalos.[7][8]

Citado como un influente título na industria dos videoxogos e un dos mellores videoxogos de tódolos tempos, Shadow of the Colossus é considerado como un importante exemplo dos videoxogos como unha arte debido ós seus deseños de paisaxes minimalistas, o modo de xogo inmersivo e a viaxe emocional. Recibiu a aclamación da crítica e tivo tamén boas vendas en comparanza con Ico, debido en parte a unha gran campaña de mercadotecnia. A banda sonora tamén foi moi eloxiada. O xogo gañou numerosos premios polo seu son, deseño e calidade. Shadow of the Colossus tamén é unha referencia en debates sobre a calidade artística e as perspectivas emocionais dos videoxogos.[9]

Unha versión remasterizada para PlayStation 3 foi desenvolvida por Bluepoint Games e estreada como The Ico & Shadow of the Colossus Collection en setembro de 2011. Contén gráficos de alta definición (HD), contidos adicionais eliminados na versión americana, trofeos para PlayStation Network e soporte 3D.[10] A versión HD foi estreada de xeito separado no Xapón. En febreiro de 2018, estreouse un remake en alta definición para a PlayStation 4.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. IGN, ed. (2006). "IGN: Shadow of the Colossus". Consultado o 29 de xullo de 2006. 
  2. Reed, Kristan. Eurogamer.net, ed. "The Bluffer's Guide To PS2 Cult Classics". Consultado o 12 de abril de 2007. 
  3. PlayStation.com Australia site staff. PlayStation.com Australia, ed. "NICO: the game that never was". Arquivado dende o orixinal o 29 de agosto de 2006. Consultado o 30 de xullo de 2006. 
  4. Enterbrain, ed. (2006). Wander to Kyozō Kōshiki Kōryaku & Setteibon Inishie no Chi Kitan (en xaponés). p. 140. 
  5. McNamara, Andy; Berghammer, Billy (2006). Game Informer, ed. "Colossal Creation: The Kenji Kaido and Fumito Ueda Interview". Arquivado dende o orixinal o 3 de setembro de 2006. Consultado o 9 de xullo de 2006. 
  6. Kohler, Chris (9 de marzo de 2006). Wired News, ed. "Behind the Shadow: Fumito Ueda". Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2006. Consultado o 9 de xullo de 2006. 
  7. Shoemaker, Brad (17 de outubro de 2005). GameSpot, ed. "Shadow of the Colossus for PlayStation 2 Review". Consultado o 29 de abril de 2014. 
  8. Reed, Kristan (2005). Euro Gamer, ed. "Review – Shadow of the Colossus". Consultado o 21 de xullo de 2006. 
  9. Chicago Sun-Times (ed.). "Okay, kids, play on my lawn". Arquivado dende o orixinal o 11 de agosto de 2010. Consultado o 09 de febreiro de 2018. 
  10. Shuman, Sid (15 de setembro de 2010). SCEA, ed. "Ico and Shadow of the Colossus Collection hits PS3 Spring 2011 with 3D". Consultado o 16 de setembro de 2010.