Shaïda Zarumey

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaShaïda Zarumey
Biografía
Nacemento1938 Editar o valor em Wikidata (85/86 anos)
Bamaco Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeNíxer Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora , socióloga , poeta Editar o valor em Wikidata
EmpregadorONU Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata


Fatouma Agnès Diaroumèye, nada en Bamaco en 1938, é unha socióloga e escitora de nixerina, coñecida co pseudónimo literario de Shaïda Zarumey. Foi unha das primeiras mulleres do seu país en escribir en lingua francesa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou os estudos primarios no seu país natal, de onde era o seu pai, e aos dez anos mudouse a Malí[1], de onde era a súa nai. En 1970 douturouse en París en 1970[2]. Entre 1970 e 1975 traballou en Dakar como socioeconomista no Institut Africain de Développement Économique et de Planification das Nacións Unidas. Despois traballou como funcionaria no campo dos dereitos da muller.[3] Debido ao seu traballo viaxou por todo o mundo[1], especialmente por África, mais tamén por Europa, América, Asia e Oriente[2]. Foi secretaria xeral da ONG Maillon africain pour la paix et le développement (MAPADEV), e coordinadora da Réseau des femmes pour la paix (RE‐FEPA) [4].

Como poeta, publicou en 1981 o libro Alternances pour le sultan co pseudónimo de Shaïda Zarumey.[5][6][7] Nos seus poemas evoca a intimidade, o erotismo e os rituais de sedución feminina, comparando os cintos de perlas das mulleres cun rosario musulmán para o amante que distorsiona as «suras do amor»,[8][7], transgredindo así unha certa reserva a favor das mulleres nixerinas[9], a diferenza dos países da tradición mandé onde as mulleres griotes teñen máis liberdade de expresión.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]