Seyla Benhabib

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Seyla Benhabib
Nacemento9 de setembro de 1950
Lugar de nacementoIstambul
NacionalidadeTurquía e Estados Unidos de América
Alma máterUniversidade Yale, Universidade Brandeis e Robert College
Ocupaciónprofesora universitaria, filósofa, ensaísta, biógrafa e politicóloga
PremiosBolsa de estudos Guggenheim, Ernst Bloch Award, Dr. Leopold Lucas Prize, Meister Eckhart Prize, honorary doctor of the University of Valencia, Fellow of the American Academy of Arts and Sciences e Honorary doctorate from the University of Geneva
Na rede
https://campuspress.yale.edu/seylabenhabib/
editar datos en Wikidata ]

Seyla Benhabib, nada en Istambul o 9 de setembro de 1950, é unha profesora de ciencias políticas e filosofía política, pensadora e profesora estadounidense de orixe turca coñecida polo seu traballo que combina a Teoría crítica (Escola de Frankfurt) coa teoría feminista. Está considerada como unha das teóricas da política e o feminismo do século XXI.

É directora do programa de ética, política e economía da Universidade de Yale e ocupa a cátedra Eugene Meyer de Ciencia Política e Filosofía da Universidade de Yale.[1]

É autora de diversos traballos de filosofía sobre o pensamento de Hannah Arendt e de Jürgen Habermas. A partir deste último, Benhabib reformula a noción de "espazo público", empregando para iso un enfoque feminista.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi presidenta da División Oriental da American Philosophical Association (2006-2007) e é membro da Academia Americana das Artes e as Ciencias. Foi investigadora asociada en numerosas institucións, tanto nos Estados Unidos como en Europa.

Dirixiu o programa Ethics, Politics and Economics (2002-2008)

Ensinou previamente nos departamentos de filosofía da Universidade de Boston, SUNY Stonybrook e na Nova Escola en Nova York, así como no departamento de goberno da Universidade de Harvard.

Foi nomeada doutora honoris causa polas universidades de Utrecht, Valencia e Bogazici University en Istambul, e recibiu o prestixioso premio Ernst Bloch e o Leopold Lucas da Universidade de Tubinga.

En 2014 recibiu o Meister Eckhart Prize da Fundación Identity e a Universidade de Colonia.[2]

Pensamento[editar | editar a fonte]

O seu pensamento e obra enmárcase a teoría crítica contemporánea (2ª Escola de Frankfurt). Foi alumna de Marcuse e de Habermas. As súas achegas baséanse en articular o universalismo co particularismo.

O seu traballo céntrase no pensamento europeo social e político dos séculos XIX e XX, a teoría feminista e a historia da teoría política moderna e está considerada como unha das voces máis autorizadas no actual debate filosófico e político acerca da diferenza, o feminismo e o multiculturalismo.[1]

Teoría da democracia[editar | editar a fonte]

Para Seyla Benhabib, as culturas non son monolíticas, senón que se forman no diálogo entre culturas. Corresponden a unha renovación constante dos límites imaxinarios. Para os teóricos democráticos, as persoas son máis importantes que a preservación das culturas. En democracia, segundo Benhabib, cada persoa debe decidir de acordo á súa vida. Conserva tres condiciones para garantir a coexistencia de pluralismo e cosmopolitismo:

1) Reciprocidade igualitaria: os membros das minorías deben ter os mesmos dereitos cívicos, políticos, económicos e culturais que a maioría.

2) O consentimento voluntario: Cando nace unha persoa, non debe ser considerada automaticamente como pertencente a unha relixión ou a unha cultura. O Estado non debe permitirlles ás comunidades definir as vidas dos individuos. Os membros dunha sociedade teñen o dereito a expresarse e é desexábel preguntarlles aos adultos se desexan pertencer a esta comunidade.

3) Liberdade de asociación e de deixar estas: Todo o mundo debe poder deixar o grupo. Cando os membros do grupo casan con calquera doutro grupo, teñen o dereito a seguir pertencendo ao seu grupo. Deben atoparse aloxamentos para os matrimonios intergrupais e os seus fillos.

A coexistencia entre a diversidade cultural e a igualdade democrática é un tema controvertido. A primeira condición é de feito ignorada por moitas culturas, cada Estado-nación inclúe grupos que non son aceptados pola maioría. Algúns gobernos non fan nada para deter a discriminación ou as alentan. As outras dúas condicións son tamén problemáticas.[3]

Fronteiras[editar | editar a fonte]

Seyla Benhabib está favor dun mundo de fronteiras porosas: "Creo que é posíbel ter un imperio sen fronteiras; non creo que sexa posíbel ter unha democracia sen fronteiras ". As fronteiras políticas axudan a definir os seus membros, mais tamén son excluíntes para outros. Cada vez máis persoas están a vivir nun país distinto do seu; a soberanía de estado non é tan forte como no pasado.

A visión cosmopolita de Seyla Benhabib inspírase no filósofo Immanuel Kant e a súa paz perpetua. Segundo Kant, de acordo coa lei da hospitalidade universais, cada persoa ten o dereito a ir onde queira, sen temerlle á hostilidade dos seus hóspedes. Seyla Benhabib toma este dereito como punto de partida do seu pensamento sobre a migración e os refuxiados. Vai mesmo máis lonxe que Kant apuntando que o dereito á hospitalidade debería aplicarse non só para facer turismo, senón tamén para estancias de longa duración (de casos de asilo político).

Obras[editar | editar a fonte]

  • Critique, Norm and Utopia. A study of the Foundations of Critical Theory (Columbia University Press, N.Y., 1986)
  • Situating the Self. Gender, Community and Postmodernism in Contemporary Ethics (Routledge, Nova York, 1992)
  • Democracy and Difference (Princeton University Press, 1996)
  • Las reivindicaciones de la cultura. Igualdad y diversidad en la era global (Buenos Aires e Madrid, Katz Barpal Editores, 2006)
  • The Claims of Culture (Princeton University Press, 2002),
  • The Reluctant Modernism of Hannah Arendt (Rowan Littlefield, 2003)
  • The Rights of Others (Cambridge University Press, 2004)
  • Another Cosmpolitanism (Oxford, 2006)
  • Dignity in Adversity. Human Rights in Troubled Times (Polity Press, 2011);
  • Equality and Difference. Human Dignity and Popular Sovereignty in the Mirror of Political Modernity (Lucas prize Lecture in English and German: Mohr Siebeck Publishers, 2013)
  • The Democratic Disconnect. Citizenship and Accountability in the Transatlantic Community con David Cameron et. al. (Transatlantic Academy, Washington DC, 2013)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Seyla Benhabib | CCCB". Consultado o 1 de novembro de 2016. 
  2. "Seyla Benhabib. Department of Political Science". Consultado o 1 de novembro de 2016. 
  3. "Conversation with Seyla Benhabib, p. 1 of 6". Consultado o 1 de novembro de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]