Sexy

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Sexy
PaísBrasil
Lingualingua portuguesa
Fundación1992
Na rede
http://www.revistasexy.com.br
Instagram: revistasexy2 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Sexy é unha revista brasileira dedicada ao público masculino. Ten periodicidade mensual e é publicada pola casa editorial Rickdan Ltda., con sede na cidade de São Paulo.

Historia[editar | editar a fonte]

A revista sexy foi a primeira das revistas da editorial en xurdir, e xa superou as trescentas edicións. É a principal competencia da revista Playboy no Brasil, e nas súas páxinas apareceron persoas como Viviane Araújo, Nana Gouveia e Mari Alexandre.

Normalmente era identificada como unha revista máis explícita e ousada que a súa competencia. Porén, en 2004 foi reformulada, adoptando un estilo máis parecido ao anterior, o que xerou descontento entre algúns lectores. Porén, esta mudanza implicou a aparición na revista de grandes estrelas que antes non se imaxinaba puideran posar para a revista, como Cissa Guimarães, Marisol Ribeiro ou Scheila Carvalho.

Versións[editar | editar a fonte]

Premium[editar | editar a fonte]

Revista "irmá" de Sexy, destaca por ter contidos máis explícitos, tendo maior recoñecemento tras a reformulación da revista Sexy en 2004. Nas súas capas aparecen mulleres menos coñecidas, coma Days Brucieri ou Vivi Fernandez.

A primeira edición apareceu en xuño de 2003 co título de Sexy Especial - Serie Premium. No 2003 foi trocada para Sexy Premium e en novembro de 2004 para poñer o nome que ata hoxe: Premium.

Sexy Total[editar | editar a fonte]

Apareceu en agosto de 2000. En formato menor, adoita publicar un ensaio por edición, xeralmente cunha modelo que xa posara para unha das dúas outras revistas.

Mensualmente, aparecen nas súas páxinas cómics do personaxe Tianinha, do debuxante Laudo Ferreira Jr.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]