Saltar ao contido

VI dinastía exipcia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Sexta dinastía de Exipto»)
Modelo:Xeografía políticaVI dinastía exipcia
Imaxe

Localización
Xeografía
Parte de
Datos históricos
Precedido por
Creación2345 a. C. Editar o valor en Wikidata
Disolución2181 a. C. Editar o valor en Wikidata
Sucedido porVII dinastía exipcia Editar o valor en Wikidata

A sexta dinastía de Exipto transcorre de c. 2345-2181 a.C. e é considerada pola maioría dos exiptólogos como a derradeira etapa do Imperio Antigo de Exipto.

Keti. Louvre.

Os faraóns coñecidos da Sexta Dinastía figuran na táboa seguinte. Manetón outórgalle á dinastía 203 anos de reinado desde Teti ata Nitocris, mentres que o Canon de Turín asigna 181 anos de reinad, pero con tres faraóns adicionais que rematan con Aba, descontando os reinados dos reis da Oitava Dinastía engadidos, isto redúcese a 155 anos de reinado.[1] Esta estimación varía entre estudosos e fontes. [a]

Faraóns da VI dinastía
Nome do Faraón Nome de Horus[10] Datas propostas Duración estimada do reinado Pirámide Raíñas(s)
Teti (Horus) Seheteptawy 2345–2333 a.C. Manetón: 30–33 anos
Royal Turin Canon (RCT): 7 meses
Cattle count: 6º = 12–13 anos[1][11]
Pirámide de Teti en Saqqara Khentkaus III
Iput I
Khuit
Userkare (descoñecido) 2333–2331 a.C. Manetón: Sen proba,[12] posiblemente envolto no asasinato de Teti[13]
RCT: Posiblemente perdido nunha lagoa temporal[14]
Cattle count: descoñecido, perdido nunha lagoa temporal(?)[15]
Pepi I Nefersahor (orixinalmente)
Merenre (posteriormente)
2331–2287 a.C. Manetón: 52 anos[1]
RCT: 20 ou 44 anos[16]
Cattle count: 25º = 49–50 anos[17]
Pirámide de Pepi I no sur de Saqqara Ankhesenpepi I
Ankhesenpepi II
Nubwenet
Meritites IV
Inenek-Inti
Mehaa
Nedjeftet
Merenre I Merenre 2287–2278 a.C. Manetho: 7 years
RCT: 6 years
Cattle count: 5º + 1 ano = 10 anos[18]
Pirámide de Merenre no sur de Saqqara Ankhesenpepi II
Pepi II Neferkare Neferkare 2278–2184 a.C. Manetón: 94 anos
RCT: 90 anos
Cattle count: 33º = 64–66 anos[19][20]
Pirámide de Pepi II no sur de Saqqara Neith
Iput II
Ankhesenpepi III
Ankhesenpepi IV
Udjebten
Merenre II Merenre [Nemty?]emsaf 2184 a.C. Manetón: 1 ano[21][20]
RCT: 1 ano, 1 mes[22]
Netjerkare Siptah
ou
Nitocris
(descoñecido) 2184–2181 a.C. Manetón: Nitocris durante 12 anos[21]
RCT: Orixinalmente pensado para identificar a Nitocris,[23] un recente estudo sobre o papiro modificou esta valoración en favor de Netjerkare, que tamén está testemuñado na lista de reis de Abidos.[24]

Manetón escribe que estes faraóns gobernaron dende Menfis, Mennefer en lingua exipcia, nome tomado da pirámide de Unis que foi construída próxima; os arqueólogos concordan con Manetón.

Esta dinastía fundouna Teti, casado con Iput, posiblemente filla do rei Unis da dinastía V. Outros membros notables desta dinastía foron Pepi II, ó que se lle asigna un reinado de 94 anos, o máis longo na historia de Exipto; e a raíña Neithikert, tamén coñecida como Nitocris polos escritores gregos, de quen algúns eruditos din que non só foi a primeira raíña acreditada do antigo Exipto, senón a primeira muller gobernante do mundo.

Durante esta dinastía, organizáronse expedicións ás minas de turquesa en Uadi Maghara no Sinaí, así como ás de Uadi Hammamat e Hatnub. Dyedkara-Isesi enviou expedicións comerciais ao sur, até Punt, e ó norte até Biblos; Pepi I organizará campañas, non soamente a estes lugares, tamén chegarán até Ebla, ó norte de Siria.

Desta época dátase un gravado de Asuán, coa imaxe dun dromedario e o seu xinete, desmentindo que a chegada deste animal ó deserto do Sáhara, procedente de Oriente, fose en época cristiá[25]

O coñecemento da historia deste período amplíase máis que cos reis anteriores, polas numerosas inscricións biográficas atopadas nas tumbas dos nobres. Así ouvimos falar dunha conspiración fracasada contra Pepi I. Tamén podemos ler unha carta escrita polo novo rei Pepi II, excitado porque unha das súas expedicións volvía cun anano danzante da terra do Yam, localizada ao sur de Nubia.

Cronoloxía da VI dinastía

[editar | editar a fonte]

Cronoloxía estimada polos seguintes exiptólogos:

  • Primeiro faraón: Teti
    • 2374-2354 (Redford)
    • 2345-2323 (Shaw)
    • 2323-2291 (Allen)
    • 2322-2312 (von Beckerath)
    • 2318-2300 (Franke)
    • 2311-2281 (Malek)
  • Último faraón: Merenra Nemtyemsaf II
    • 2261-2260 (Piccione)
    • c. 2206 (Redford)
    • 2194-2193 (von Beckerath)
    • 2180 (Franke)
    • c. 2152 (Allen)
    • 2142-2141 (Malek)
  • Último faraón: Nitocris (?)
    • 2205-2200 (Redford)
    • 2193-2191 (von Beckerath)
    • 2184-2181 (Shaw)
    • 2180- ? (Krauss, Franke)
    • 2152-2150 (Allen)
    • 2141-2140 (Malek)

Cronograma

[editar | editar a fonte]
NitocrisMerenra Nemtyemsaf IIPepi IIMerenra Nemtyemsaf IPepi IUserkaraTeti
  1. Datas propostas para a Sexta Dinastía: c. 2460–2200 a.C, [2] c. 2374–2200 a.C, [1] c. 2370–2190 a.C., [3] c. 2345–2181 a.C., [4] [5] [6] c. 2323–2150 a.C, [7] [8] c. 2282–2117 a.C.[9]
Referencias
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Altenmüller 2001, p. 601.
  2. Grimal 1992, p. 390.
  3. Verner 2001d, p. 473.
  4. Bard 1999, Cronoloxía.
  5. Clayton 1994, p. 30.
  6. Shaw 2003, pp. 482-483.
  7. Allen et al. 1999, p. xx.
  8. Lehner 2008, p. 8.
  9. Dodson & Hilton 2004, p. 70.
  10. Leprohon 2013, pp. 42–43.
  11. Grimal 1992, p. 81.
  12. Manetho & Waddell 1964, p. 53.
  13. Leclant 1999, p. 10.
  14. Baud & Dobrev 1995, p. 59.
  15. Baud & Dobrev 1995, pp. 59 & 66.
  16. Ryholt 1997, pp. 13–14.
  17. Baud & Dobrev 1995, pp. 46–49.
  18. Altenmüller 2001, p. 603.
  19. Altenmüller 2001, p. 604.
  20. 20,0 20,1 Leclant 1999, p. 11.
  21. 21,0 21,1 Manetho & Waddell 1964, p. 55.
  22. Baker 2008, pp. 211–212.
  23. Grimal 1992, p. 89.
  24. Theis 2010, pp. 325–326.
  25. (Schweinfurth Zeitschrift für Ethnologie 1912, 633. Cf. Moret, 1956, 162)
Dinastía precedente Dinastía Dinastía seguinte
Quinta Dinastía Sexta dinastía Sétima Dinastía