Seungriho
Aparencia
| Seungriho | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| Wikidata | |||||||||||
Seungriho (en coreano: 승리호) é un filme surcoreano de 2021 dirixido por Jo Sung-hee. Está protagonizado por Song Joong-ki, Kim Tae-ri, Jin Seon-kyu e Yoo Hae-jin.[1] Considerado como o primeiro "blockbuster" espacial coreano,[2] estreouse en Netflix o 5 de febreiro de 2021.[3][4]
Sinopse
[editar | editar a fonte]No ano 2092, a Terra converteuse nun planeta case inhabitable. A corporación UTS constrúe un novo fogar en órbita para a humanidade. Mais só uns poucos escollidos poden acceder a el.
A historia segue as aventuras da tripulación dunha nave de limpeza de lixo espacial chamada Victory. A súa rutina dá un xiro enorme cando descobren a Dorothy, unha nena que supostamente é unha arma de destrución masiva.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Song Joong-ki como Tae-ho
- Kim Tae-ri como Capitá Jang
- Jin Seon-kyu como Tiger Park
- Yoo Hae-jin como Robot Bubs
- Richard Armitage como James Sullivan
- Kim Mu-yeol como Kang Hyeon-u
- Park Ye-rin como Dorothy / Kang Kot-nim
- Kim Hyang-gi como o novo corpo de Bubs
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Conran, Pierce (31 de maio de 2019). "Song Joong-ki and Kim Tae-ri Confirmed for The Victory". Korean Film Council. Consultado o 6 de maio de 2020.
- ↑ Conran, Pierce (12 de xullo de 2019). "Jo Sung-hee's Victory with Song Joong-ki, Kim Tae-ri Takes Off". Korean Film Council. Consultado o 6 de maio de 2020.
- ↑ Choi, Ji-won (18 de agosto de 2020). "‘Space Sweepers’ is not the usual sci-fi hero blockbuster". The Korea Herald. Consultado o 18 de agosto de 2020.
- ↑ Lee, Jae-lim (18 de agosto de 2020). "'Space Sweepers' promises to take moviegoers on the ride of a lifetime". Korea JoongAng Daily. Consultado o 18 de agosto de 2020.