Seumas O'Kelly
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1875 Loughrea (en) |
Morte | 14 de novembro de 1918 (42/43 anos) Dublín |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda |
Actividade | |
Ocupación | escritor , novelista , xornalista , dramaturgo , escritor de contos |
Xénero artístico | Irish short story (en) |
Lingua | Lingua inglesa |
Seumas O'Kelly, nado en Loughrea (condado de Galway) en 1881 e finado en Dublín o 14 de novembro de 1918, foi un escritor irlandés.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou a súa carreira como xornalista no periódico de Cork The Southern Star. Despois pasou a traballar como editor no Leinster Leader de Naas, que deixou en 1916 para pasar a traballar no Nationality, voceiro do Sinn Féin, dirixido por Arthur Griffith. Tralo arresto deste no Alzamento de Pascua, O'Kelly regresou ao Leinster Leader. Na fachada da sede deste periódico consérvase unha placa co texto 'Seumas O'Kelly - a gentle revolutionary'. Faleceu dun ataque ao corazón.
Escribiu obras de teatro, relatos curtos e novelas. O seu conto "The Weaver’s Grave" está considerado un dos relatos máis aclamados da literatura irlandesa.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Garrity, Davin A. (1988): 44 Irish Short Stories. Seventeenth Edition. Devin-Adair. Co.