Seul contre tous

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ficha técnica
Na rede
IMDB: tt0157016 Filmaffinity: 327741 Allocine: 105494 Rottentomatoes: m/i_stand_alone Allmovie: v162718 TCM: 443299 Netlix: 60028209Editar o valor em Wikidata

Seul contre tous é un filme francés realizado por Gaspar Noé en 1998, é unha continuación da súa primeira mediametraxe, Carné (premio da Semana da Crítica de Cannes 1991).

Gaspar Noé tivo grandes dificultades para xuntar os fondos necesarios para a realización desta, a súa primeira longametraxe. Precisou cinco anos para completar o traballo que tivo que autofinanciar ao ser rexeitado por todas as televisións.

Gran parte do diálogo consiste no monólogo interior con voz en off dun carniceiro que acaba de saír da prisión e que pretende refacer a súa vida partindo de cero.

Intérpretes[editar | editar a fonte]