Sete mares

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Os «sete mares» da Idade Media.
Mapa dos once mares a que se refiren varias expresións medievais dos «sete mares» (a lenda está en inglés).

Os sete mares é unha expresión utilizada ao longo da historia de moitas culturas e pobos en relación a un grupo de mares (reais ou mitolóxicos) de Eurafrasia. Usábase (e úsase) tanto para referirse a un conxunto determinado de sete mares como ao conxunto dos mares do mundo coñecido nese momento.

Ten unha orixe moi remota (menciónase por primeira vez a Gaba no século XXIII a.C.). Por exemplo: Nun manuscrito do século IX indícase que “Quen queira ir a China debe cruzar sete mares”, e os mares aos que se refire cambiaron moito segundo a época e lugar, xa que a expresión foi empregada pola maioría dos pobos da antigüidade: chineses, indios, antigos gregos e antigos romanos. A través destes dous últimos, en particular, estableceuse o grupo de «sete mares» que é mencionado con máis frecuencia na literatura medieval europea:

Actualmente, os sete mares foron medrando en número e a Organización Hidrográfica Internacional ten rexistrados máis de 100 corpos de auga coñecidos como mares.

Hai que mencionar tamén que na actualidade, moita influencia dos medios levaron a cambiar o sentido da frase para adaptar os 7 Mares ao mundo enteiro; dividindo os océanos así:

Primeiras mencións[editar | editar a fonte]

Aínda que o concepto medieval dos «sete mares» ten as súas orixes na Antiga Grecia e na Antiga Roma, a expresión «sete mares» existiu desde moito antes, aparecendo xa en 2 300 a.C. no Himno 8 da sumeria Enheduanna á deusa Inanna.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Meador, Betty De Shong, translator and editor (2001). Inanna, Lady of Largest Heart: Poems of the Sumerian High. University of Texas. ISBN 0-292-75242-3. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]