α Sagittae (Sham), aínda que con designación de BayerAlpha é só a terceira estrela máis brillante da constelación, con magnitude 4,37. É unha xigante amarela cunha clasificación espectral G1II a 610 anos luz e xunto con β Sge (de tamén 4,37 de magnitude) forman as plumas da vara dunha frecha ou as frechas de dobre punta usadas polo exército romano.
γ Sagittae, a máis brillante con magnitude 3,47 e de tipo espectral M0III, unha xigante vermella a 170 anos luz, que con δ Sge e ε Sge forman a vara da frecha.
δ Sagittae, binaria espectroscópica composta por unha xigante vermella e unha estrela branca, do tipo espectral M2II+A0V e magnitude 3,82.
ε Sge: de tipo espectral G8III e magnitude 5,66, estrela múltiple (con 4 compoñentes; compoñente B é óptica)
η Sge: estrela de clase espectral K2III con magnitude 5.1 que pertencen ó grupo en movemento Hyades.
13 Sagittae (VZ Sagittae), xigante vermella e variable irregular cunha magnitude que varía entre 5,27 e 5,57.
U Sagittae, unha interesante variable eclípsante composta por unha estrela azul e outra laranxa, cunha magnitude que oscila entre 6,5 e 9,3 en pouco máis de tres días e nove horas.
Cúmulo globularM71, bastante difuso o cal fai que ás veces sexa confundido cun cúmulo aberto denso, está a uns 13.000 anos luz da Terra, situado o bastante preto da Terra como para poder distingui-las súas estrelas xigantes vermellas con calquera telescopio. As súas dimensións aparentes son coma un quinto do diámetro da Lúa chea. Foi descuberto polo astrónomo francés Philippe Loys de Chéseaux no ano 1745 ou 1746.
No pasado A Farsa (Sham) designaba a toda a constelación no canto de só a α Sge. Esta constelación é un dos casos onde Johann Bayer errou ó nomea-la estrela máis brillante nun simple status γ. Outro exemplo do mesmo tipo de erro dáse na constelación Saxitario.
Segundo Eratóstenes, era a frecha que Apolo utilizou para matar ós Ciclopes, en vinganza porque o seu fillo Asclepio fora matado. Apolo despois escondeu a frecha no país dos hiperbóreos e recuperouna despois de que Zeus o tivese perdoado por este acto unha vez que Apolo rematara de servir ó rei Admeto.
É lembrada coma a tradicional frecha coa que Hércules matou a aguia (Aquila) de Xúpiter que devoraba a perpetuidade ó fígado de Prometheus. A frecha atópase un pouco abaixo da Aguia. Algúns ven a frecha apuntando ó leste e outros o oeste. En concordancia coa historia de Aquila, esta debería apuntar ó oeste, ameazando á Aguia. Outro pensaban que a frecha era o disparo efectuado por Hércules contra os paxaros de Estínfalo (6ª tarefa) que tiñan plumas, pico e garras de aceiro, e vivían de carne humana nas marismas de Arcadia. Algunhas veces tamén é tomada por unha frecha de Cupido.