Serxio Cobos
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de agosto de 1973 (50 anos) Santiago de Compostela, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | coreógrafo , músico |
Lingua | Lingua castelá |
Serxio Cobos, nado en Santiago de Compostela o 28 de agosto de 1973[1], é un músico, coreógrafo e bailador de danza tradicional galega.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Iniciouse na música e no baile tradicional galego na escola da Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela, desenvolvendo desde 1989 unha intensa actividade de investigación etnomusicolóxica sobre o terreo, recollendo e rescatando coreografías e cantos por toda Galiza. Desde o 1990 foi mestre de baile en diferentes agrupacións folclóricas, como Cantigas e AGarimos, A. C. Tahume, A. F. Abiñadoira ou a Central Folque[2].
Foi director musical e intérprete de danza nas compañías GS21 e Circio, así como músico do grupo Violia, fundador e director artístico de Trebón (Novas tendencias da danza galega). En Portugal traballa como intérprete na compañía de danza contemporánea Clara Andermatt e é mentor e arranxador do grupo Aquí há baile de Évora. Ten colaborado como bailador diferentes grupos musicais como Berrogüetto, Xosé Manuel Budiño ou Marful[3].
Obra[editar | editar a fonte]
Traballou como ilustrador gráfico das obras Para cantar e bailar[4][5] e Zampadanzas do mundo. Danzas á carta.[6][7] No ano 2018 publicou o libro Bailegramas, a primeira proposta dun sistema de notación específico para o baile tradicional galego[8][9].
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Circio". Rede Escena. Arquivado dende o orixinal o 16 de agosto de 2019. Consultado o 08 de agosto de 2019.
- ↑ "Serxio Cobos mestre de baile en Xirandela". A.C. Xirandela. Consultado o 2019-08-08.
- ↑ "Sergio Cobos". Andanças.Festival internacional de danças populares 2018 (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 16 de agosto de 2019. Consultado o 2019-08-08.
- ↑ "Para cantar e bailar - Edicións do Cumio". www.cumio.com. Arquivado dende o orixinal o 16 de agosto de 2019. Consultado o 2019-08-08.
- ↑ Prego, Luis; Cobos Martínez, Sergio, eds. (2008). Para cantar e bailar. Vilaboa (Pontevedra): Cumio. ISBN 9788482890692.
- ↑ Pédexumbo Associaçao para a promoçao de Música e Dança; Pereira Coutinho, Marta; Prieto Martínez, Mercedes; Cobos Martínez, Sergio, eds. (2010). Zampadanzas do mundo: danzas á carta (1ª ed.). Vilaboa (Pontevedra): Cumio. ISBN 9788482893372.
- ↑ "Zampadanzas do mundo. Danzas á carta - Edicións do Cumio". www.cumio.com. Arquivado dende o orixinal o 16 de agosto de 2019. Consultado o 2019-08-08.
- ↑ "Bailegramas". Folque. 2018-12-04. Consultado o 2019-08-08.
- ↑ Cobos Martínez, Sergio (2018). Bailegramas. Santiago de Compostela: aCentral Folque. ISBN 9788494951107.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Sergio Cobos. Maestro gallego de danza tradicional - Vimeo
- "'Bailegramas': novo sistema para aprender baile tradicional con Serxio Cobos". Televisión de Galicia.
- "A muiñeira tamén danza no papel". La Voz de Galicia. 19 de decembro de 2018.
- "Dánzamo por escrito: Chegan os bailegramas". Cultura Galega. 23 de xaneiro de 2019.