Servais Stradivarius

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Servais Stradivarius no Smithsonian Institute.

O Servais Stradivari e un violonchelo fabricado por Antonio Stradivari en 1701, considerado, pola súa magnífica conservación e a súa restauración non invasiva, o instrumento máis orixinal do mestre de Cremona.

Historia[editar | editar a fonte]

O seu máis famoso propietario, e de quen recibe o seu nome, foi o violonchelista belga Adrien François Servais, quen o adquiriu probablemente na Rusia, da princesa Youssopov, contra o 1848. Trala morte do chelista foi herdado polo seu fillo Joseph e, tras moitas dificultades, foi adquirido polo Smithsonian Institute en 1981. Dende decembro de 1987 está exposto xunto ao Cuarteto Stradivarius de Herbert R. Axelrod na Sala de Instrumentos Musicais do Museo Smithsoniano en Washington DC.

A súa característica principal é a especial proporción do instrumento. O tamaño da caixa dos violonchelos Stradivarius é variable, entre 72,3 e 78,7 cm, e este exemplar de 1701 ten o tamaño máximo, cun mastro proporcionado, fronte ao resto dos chelos da época, que adoitaban ter menor tamaño, achegándose ao tamaño medio da viola da gamba.

Este instrumento é cedido polos Museos Smithsonianos para a celebración de diversos concertos na súa sede, e a determinados solistas para concertos e gravacións, entre as que destacan as seis suites para violoncello só de J. S. Bach (1992), interpretadas polo holandés Anner Bylsma.

Propietarios[editar | editar a fonte]

Propietario Dende Probado en Ata
Jean-Marie Raoul 1837
Famille Raoul 1837 1841
Jean-Baptiste Vuillaume 1841
Prince Nicholas Youssoupov
Adrien-François Servais 1857 1866
Joseph Serais 1866 1885
Auguste Couteaux 1885 1893
W.E. Hill & Sons 1893 1895
Prince de Caraman-Chimay 1895
Caressa
Ferdinand Pollain 1928
W.E. Hill & Sons 1928
Wurlitzer Collection 1929
Charlotte Bergen 1929 1981
Smithsonian Institute Museum 1981

Intérpretes[editar | editar a fonte]

Intérprete Dende Probado en Ata
Adrien-François Servais 1866
Anner Bylsma