Serra de Pàndols
| Tipo | montaña serra cordilleira | |||
|---|---|---|---|---|
| Localización | ||||
| Continente | Europa | |||
| División administrativa | Terra Alta, España | |||
| ||||
| Cordilleira | Cordilleira Prelitoral | |||
| Características | ||||
| Altitude | 705 m | |||
A serra de Pàndols é unha serra que forma parte da cordilleira Prelitoral catalá. Repártese entre os concellos da Terra Alta de Gandesa e el Pinell de Brai. O seu punto máis alto é a Punta Alta, a 705 metros de altitude. A serra de Pàndols é empinada e labrada por profundos barrancos, afluentes do río Canaletes, que discorre entre Bot e Prat de Comte ata o paso de Barrufemes. Ao sur da Serra de Pàndols atópanse a serra de Paüls e a serra de l'Espina, seguindo a mesma aliñación e conectando coa comarca valenciana dos Ports, no extremo nordés do Sistema Ibérico. A serra de Pàndols está incluída no Pla d'Espais d'Interès Natural serras de Pàndols-Cavalls.
Historia
[editar | editar a fonte]Na época da guerra civil española, a serra de Pàndols e a serra de Cavalls foron escenario de violentos combates entre varias unidades leais da República, como a 11ª División do Exército Popular da República, xunto con algunhas unidades das Brigadas Internacionais, e as tropas sublevadas do xeneral Franco.[1][2]
Durante a batalla do Ebro, a Punta Alta, coñecida como a marca 705, foi unha posición clave para dominar toda a serra de Pàndols. Esta elevación sitúase no termo municipal de el Pinell de Brai.[3] Hoxe en día hai un monumento no lugar que foi escenario da "carnicería de Pàndols" e a visita ao miradoiro da serra de Pàndols a 705 de altitude forma parte das rutas turísticas históricas da zona.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Engel Masoliver 1999, p. 24.
- ↑ Engel Masoliver 1999, p. 29.
- ↑ "La Batalla de l'Ebre". Arquivado dende o orixinal o 5 de agosto de 2012. Consultado o 9 de xaneiro de 2010.
- ↑ Por Jaume Aguadé i Sordé, El diari de guerra de Lluís Randé i Inglés; Batalles del Segre i de l'Ebre i camps de concentració (abril 1938 - juliol 1939), El Tinter ISBN 84-9791-082-6
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Engel Masoliver, Carlos (1999). Historia de Las Brigadas Mixtas Del Ejército Popular de la República. Madrid: Almena Ediciones. ISBN 9788492264476.
