HMS Serpent

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Serpent")
Saltar ata a navegación Saltar á busca
HMS Serpent
HMS Sepent.jpg
O Serpent
Historial Naval Ensign of the United Kingdom.svg
Estaleiro Devonport
Clase Archer
Tipo Cruceiro torpedeiro
Posta en grella Novembro de 1885
Botado 10 de marzo de 1887
Viaxe inaugural 25 de xuño de 1874
Baixa afundido en Punta Boi, Camariñas, o 10 de novembro de 1890
Características xerais
Desprazamento 1770 toneladas
Eslora 68,58 m
Manga 10,97 m
Calado 4,42 m
Armamento 6 canóns de 6 pulgadas (151 mm)

8 canóns de 3 libras
5 tubos lanzatorpedos 14” (350 mm)

Tripulación 175

faleceron 172 persoas e salváronse 3

O HMS Serpent foi un cruceiro de terceira clase da Royal Navy construído en Devonport en novembro de 1885 e botado o 10 de marzo de 1887. Desprazaba 1.770 toneladas, cunhas dimensións de 225x13.6 pés, armado con 6 canóns de 6 pulgadas e cinco tubos de torpedo de 14. Foi o primeiro barco da mariña de guerra británica en usar o galvanizado para protexer os ferros metálicos da auga salgada.

Última viaxe e naufraxio[editar | editar a fonte]

Navegaba, baixo o mando do comandante da Mariña Real Harry Leith Ross, desde Plymouth, Inglaterra o sábado 8 de novembro de 1890 con dirección a Serra Leoa.

Durante a noite do luns 10 naufragou nos baixos de Punta Boi, preto do Cabo Vilán en plena Costa da Morte. Tres mariños do Serpent alcanzaron a vila de Camariñas, na provincia da Coruña, feridos e totalmente exhaustos. Tras contar o ocorrido todo o pobo uniuse para ir ata a costa onde tivo lugar o naufraxio. Non houbo sinal de máis sobreviventes e á mañá seguinte non había nin rastro do buque Serpent. Pouco a pouco o mar foi devolvendo os cadáveres do resto da tripulación. En total faleceron 172 persoas, as cales foron enterradas no chamado "Cemiterio dos Ingleses" moi preto do lugar do naufraxio.

Hai varias versións referentes ao ocorrido pero a versión oficial atribúe o naufraxio a un erro de navegación e ás condicións meteorolóxicas daquela noite.

Homenaxes[editar | editar a fonte]

A partir dese momento e durante anos, cando un barco da mariña inglesa pasaba preto dese lugar tiraba unhas salvas en memoria dos náufragos.

No Xardín de San Carlos da cidade da Coruña tamén hai unha placa na memoria destes mariños.

No cumio do Monte Lobeira (András, Vilanova de Arousa) unha placa do Almirantado inglés lembra aos mortos no naufraxio. O porto de Vilagarcía foi ata 1936 escala habitual da Royal Navy e unha das excursións preferidas dos mariñeiros británicos era a ascensión ao miradoiro deste monte.[1][2].

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]