Saltar ao contido

Serpe (constelación)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Serpe
 Instancia de
Características físicas
Superficie637 °² Editar o valor en Wikidata
Identificadores
Freebase/m/06z_7 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC182276052 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata G:Commons C:Commons

Serpens ou Serpe[1] é unha das 88 constelacións modernas e era unha das 48 listadas por Tolomeo. Entre as modernas constelacións é a única dividida en dúas partes:

  • Serpens Caput, que representa a cabeza da serpe, situada ó oeste.
  • Serpens Cauda, que representa a cola, ó leste.

Entre estas dúas partes atópase a constelación de Ophiuchus, o portador da serpe. Dado que se considera unha única constelación, o ordenamento de acordo á designación de Bayer ten en conta ambas partes. Só unha estrela de Serpens é máis brillante ca magnitude 3, polo que a constelación non é fácil de recoñecer.

Estrelas principais

[editar | editar a fonte]

As estrelas incluídas na cabeza son: α, β, γ, δ, ε, ι, κ, λ, μ, π, ρ, σ, τ, χ e ω Serpentis. As estrelas incluídas na cola son: ζ, η, θ, ν, ξ, e ο Serpentis.

Obxectos notables do espazo profundo

[editar | editar a fonte]

Parte da Vía Láctea atravesa a cola, tal coma ilustran as rexións sombreadas en azul do mapa estelar.

O Cúmulo Estelar Sur de Serpens foi descuberto polo Telescopio Espacial Spitzer da Nasa na porción máis ó sur da nube de Serpens. O descubrimento foi posible grazas ás capacidades de observación no infravermello por parte deste telescopio, xa que as lonxitudes de onda visibles das estrelas están completamente escurecidas polo po interestelar da nube de Serpens.

Mitoloxía

[editar | editar a fonte]

Serpens é a serpe que ten agarrada Ofiuco, o portador da serpe, e loxicamente está moi asociada con el. Orixinariamente, Serpens e Ofiuco eran consideradas como unha única constelación, a partir do cal xurdiu un mito asociado coa fundación da medicina. Identificase na mitoloxía grega coa serpe que lle revela a Asclepio os segredos da medicina.

  1. Cambados Márquez, Xoaquín Evaristo. "Algunhas notas referentes ó nome galego estándar das constelacións" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de outubro de 2016. Consultado o 12 de outubro de 2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]