Sermos Galiza
Sermos Galiza Diario de intereses galegos | |
---|---|
Tipo | Información xeral |
Formato de páxina | berlinés |
Fundación | 17 de maio de 2012 |
Director | María Obelleiro (directora do diario semanal escrito) Xosé Mexuto (director do diario dixital) |
Lingua | galego e portugués |
Localidade | Santiago de Compostela |
Ámbito | Galicia |
Periodicidade | semanal |
Prezo | 3,50€ (en papel) 1,99€ (en PDF) |
Seccións | Tema de primeira,
Opinión Sociedade Política Internacional Economía Fóra de serie (sección ampla que se empeza a ler por detrás e ao revés que trata sobre a cultura) |
ISSN | 2444-9326 |
Na rede | |
http://www.sermosgaliza.gal | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Sermos Galiza é o nome dun semanario de comunicación xeral e de ámbito galego, publicado pola empresa Sermos Galiza S.A e dirixido por María Obelleiro. A súa versión dixital botou a andar o 26 de abril de 2012,[1] e o seu primeiro número impreso saíu á rúa o 17 de maio do mesmo ano. As súas linguas de edición son o galego e o portugués. O deseño do seu sitio web corre a cargo da empresa compostelá Sacauntos Cooperativa Gráfica.[2]
En novembro de 2017, a sociedade anónima Sermos Galiza anunciou a inminente saída dun diario impreso[3][4] baixo o nome de Nós Diario[5]. O xornal foi lanzado o 2 de xaneiro de 2020,[6] pasando, desde aquela, o semanario Sermos a publicarse os sábados como suplemento do diario.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Nace ‘Sermos Galiza’, un novo medio multiplataforma, colectivo e en galego – Editorial". Consultado o 2022-02-15.
- ↑ "Sermos Galiza: jornal digital e desenho de cabeçalho" (en portugués).
- ↑ "Sermos Galiza prepara a saída dun xornal diario en papel para 2019". sermosgaliza.gal. Arquivado dende o orixinal o 30 de xaneiro de 2018.
- ↑ "'O diario galego', a cabeceira que nace do impulso social". sermosgaliza.gal. Arquivado dende o orixinal o 19 de xaneiro de 2018.
- ↑ "“Nós Diario”, o nome do xornal en papel que impulsa Sermos Galiza". Sermos Galiza. Arquivado dende o orixinal o 05 de maio de 2019. Consultado o 4 de maio de 2019.
- ↑ "Nós Diario: o soño que virou nunha realidade". Sermos Galiza. 1 de xaneiro de 2020. Consultado o 2 de xaneiro de 2020.