Series Mundiais Femininas de Rugby a 7
As Series Mundiais Femininas de Rugby a 7 (en inglés World Rugby Women's Sevens Series) son un campionato organizado por World Rugby composto por varios torneos nos que se enfrontan a mellores seleccións femininas de rugby a 7 do mundo.
As Series Mundiais naceron en 2012/13 como herdeiras da IRB Women's Series Challenge Cup que se disputou o ano anterior, copiando o modelo das Series Mundiais de Rugby a 7 masculinas que se disputan dende a tempada 1999-2000.
Puntuación
[editar | editar a fonte]Os equipos suman unha serie de puntos tras cada torneo dependendo da posición final acadada, de xeito que ó remate da tempada a selección campioa é a que ten máis puntos na clasificación.
Posto | 1º | 2º | 3º | 4º | 5º | 6º | 7º | 8º | 9º | 10º | 11º | 12º |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Puntos | 20 | 18 | 16 | 14 | 12 | 10 | 8 | 6 | 4 | 3 | 2 | 1 |
Participantes
[editar | editar a fonte]Cada torneo das Series Mundiais conta con 12 seleccións participantes. Das 12 seleccións, 11 teñen a presenza garantiza en tódolos torneos. Son as seleccións que posúen un status permanente (en inglés Core Teams). O resto das seleccións participantes fano convidadas pola organización, podendo competir nun torneo ou en máis dun, segundo o considere World Rugby. O status permanente acádase por méritos deportivos, rematando a tempada entre os primeiros postos da táboa.
As seleccións core team na tempada 2015-16 foron:
Torneos
[editar | editar a fonte]Na tempada 2015-16 as Series Mundiais estiveron compostas por cinco torneos:
Torneo | Estadio | Data |
---|---|---|
![]() |
The Sevens Stadium (50.000) | 3 e 4 de decembro de 2015 |
![]() |
Arena Barueri (35.000) | 20 e 21 de febreiro de 2016 |
![]() |
Fifth Third Bank Stadium (8.500) | 8 e 9 de abril de 2016 |
![]() |
Westhills Stadium (1.600) | 16 e 17 de abril de 2016 |
![]() |
Stade Gabriel Montpied (10.607) | 28 e 29 de maio de 2016 |
Palmarés
[editar | editar a fonte]Tempada | Torneos | Campioas | Subcampioas | Terceiras |
---|---|---|---|---|
2012-13 | 4 | Nova Zelandia | Inglaterra | Canadá |
2013-14 | 5 | Nova Zelandia | Australia | Canadá |
2014-15 | 6 | Nova Zelandia | Canadá | Australia |
2015-16 | 5 | Australia | Nova Zelandia | Canadá |