Serguéi Buturlín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Serguéi Buturlín
Nome completoSerguéi Aleksándrovich Buturlín
Серге́й Алекса́ндрович Бутурли́н (en ruso)
Nacemento22 de setembro de 1872
Lugar de nacementoMontreux Suíza Suíza
Falecemento22 de xaneiro de 1938
Lugar de falecementoMoscova Unión Soviética Unión Soviética
Nacionalidaderusa
Alma máterEscola Imperial de Xurisprudencia de San Petersburgo
Ocupaciónornitólogo, escritor e zoólogo
Paisen etiquetar
Naisen etiquetar
EstudosXurisprudencia
editar datos en Wikidata ]

Serguéi Aleksándrovich Buturlín (en ruso Серге́й Алекса́ндрович Бутурли́н), nado o 22 de setembro de 1872 en Montreux, Suíza, e finado o 22 de xaneiro de 1938 en Moscova, Unión Soviética, foi un ornitólogo ruso.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Descendente dunha das familias da nobreza rusa de maior antigüidade, Buturlín pasóu a maior parte da súa vida en Rusia. Asistiu á escola en Simbirsk —actual Ulianovsk— e posteriormente estudou xurisprudencia en San Petersburgo, pero o seu interese pola zooloxía era tan forte que empreou a maior parte da súa carreira recolectando exemplares por toda Rusia e describindo as súas observacións. Até o ano 1892 traballou na rexión do río Volga, a continuación na zona báltica, de 1900 a 1902 nas illas árticas de Kolguev e Nova Zembla, entre 1904 e 1906 participou nunha expedición ao río Kolyma, en Siberia,[1]​ en 1909 visitou o macizo de Altai e, finalmente, en 1925 realizou unha última expedición á península de Chukotka.

Como resultado das súas viaxes e ao seu traballo de observación, publicou moitas obras importantes sobre a taxonomía e a distribución das aves paleárticas.

En 1906 foi nomeado membro estranxeiro da British Ornithologists' Union (Unión Ornitolóxica Británica) e, en 1907 membro correspondiente da American Ornithologists' Union (Unión de Ornitólogos Estadounidenses).

En 1918 comezou a traballar no Museo Zoolóxico da Universidade de Moscova, ao que doou en 1924 a súa colección de aves paleárticas.

Buturlín foi un pioneiro en Rusia no estudo da diversidade de especies, e describiu máis de dçuascentas novas especies de aves.

Algunhas publicacións[editar | editar a fonte]

Serguéi Buturlín na mediana idade.
  • As aves das illas Kolguev e Nova Zembla e da parte baixa do Darna. 1901
  • Кулики Российской Империи. Дружинина, Tula 1902
  • Aves da Gobernación de Simbirsk (1906)
  • "On the breeding-habits of the rosy gull (Rhodostethia rosea) and the pectoral sandpiper". Londres 1907
  • Aves do distrito do Yeniséi (1911), con Arkadi Yákovlevich Tugárinov
  • Unha serie de manuscritos sobre as aves do Extremo Oriente (1909–1917)
  • Систематические заметки о птицах Северного Кавказа. Machatschkala 1929
  • Определитель промысловых птиц. Советская Азия, Moscova 1933
  • Полный определитель птиц СССР. КИОЦ. Resumo completo das aves da URSS (en tres volumes). Moscova 1934–1941
  • Что и как наблюдать в жизни птиц. 1934
  • Трубконозые птицы. КИОЦ, Moscova 1936
  • Дробовое ружье. 1937
  • Птицы. Moscova 1940

Taxons[editar | editar a fonte]

Taxons descritos[editar | editar a fonte]

Taxons dedicados[editar | editar a fonte]

Abreviatura[editar | editar a fonte]

A abtreviatura Buturlin (ás veces grafado Buturlín) emprégase pafra recoñecer a Serguéi Buturlín como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Potapov, E. 1990. Birds and brave man in the Arctic (Explorers of Polar deserts, Russo-Japanize war and ever mysterious Ross's Gull). - Birds International, v.2 N°3, p. 72-83.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Borodina, O. E. & T. A. Gromova (2002): Сергей Александрович Бутурлин. Ulianovsk (en ruso).
  • Kozlova, Mariia Mikhailovna & Mirzoëiìan, Eduard Nikolaevich (2001): Сергей Александрович Бутурлин 1872-1938. Наука, Moscova. ISBN 5-0200-5199-3 (en ruso).
  • Kozlova, Mariia Mikhailovna (1997): Перо розовой чайки. Ulianovsk. ISBN 5-8914-6016-5 (en ruso).