Sergio Álvarez de Villamil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Sergio Álvarez de Villamil
Nome completoSergio Álvarez Rodríguez de Villamil
Nacemento14 de marzo de 1889
 Madrid
Falecemento7 de maio de 1960
 Madrid
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico, médico e diplomático
editar datos en Wikidata ]

Sergio Álvarez Rodríguez de Villamil, ou de Villaamil, nado en Madrid o 14 de marzo de 1889, e finado ibídem o 7 de maio de 1960, foi médico e político español, alcalde de Madrid durante a Segunda República.

Accedeu ó concello de Madrid en outubro de 1934, ó facerse cargo do concello unha xestora tras os sucesos revolucionarios de devandita data, con Rafael Salazar Alonso como alcalde. Villamil substituíu a Salazar (que dimitiu por mor do escándalo do "estraperlo") en outubro de 1935 e ocupou o cargo de alcalde até o triunfo da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936, que restauraron a corporación municipal destituída en 1934.

Dá nome á estación do tren lixeiro Álvarez de Villamil no PAU de Sanchinarro de Madrid.