Sergei Karasev

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sergei Karasev
Khimki  – No. 7
Información persoal
Nacemento 26 de outubro de 1993 (30 anos)
San Petersburgo
Nacionalidade Rusia Rusia
Altura 2,01 m (6 ft 7 in)
Peso oficial 89 kg (196 lb)
Posición Escolta / Ala
Liga VTB United League
Información da carreira
NBA Draft 2013 / Rolda: 1 / Elección: 19
Por Cleveland Cavaliers
Carreira dende 2013
Historial de equipos
Triumph Lyubertsy (2010–2013)
Cleveland Cavaliers (2013–2014)
Canton Charge (2013–2014)
Brooklyn Nets (2014–2016)
Zenit San Petersburgo (2016–2019)
Khimki (2019–presente)

Sergei Vasilevich Karasev (en ruso Сергей Васильевич Карасёв), nado o 26 de outubro de 1993 en San Petersburgo, é un xogador ruso de baloncesto profesional que xoga no BC Khimki da VTB United League.

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

Karasev comezou a súa carreira profesional no Triumph Lyubertsy, onde acadou 16.1 puntos por partido na tempada 2012-13 da Eurocup.[1] O 3 de abril de 2013, Karasev decidiu presentarse ó Draft da NBA de 2013.

Karasev foi elixido na 19ª posición do Draft polos Cleveland Cavaliers. O 20 de agosto de 2013, asinou o seu contrato cos Cavaliers.[2] Durante a súa tempada coma rookie, foi asignado en varias ocasións ós Canton Charge da NBA D-League.[3]

O 9 de xullo de 2014, foi traspasado ós Brooklyn Nets xunto a Jarrett Jack nun traspaso entre tres equipos.[4]

O 1 de xullo de 2019, anunciouse a súa fichaxe polo BC Khimki da VTB United League.[5]

Estatísticas NBA[editar | editar a fonte]

Tempada regular[editar | editar a fonte]

Tempada Equipo PX MIN %TC %3P %TL REB ASIS ROUB TAP PTS
2013–14 Cleveland 22 7.1 .343 .211 .900 0.7 0.3 0.1 0.0 1.7
2014–15 Brooklyn 33 16.8 .403 .296 .763 2.0 1.4 0.7 0.0 4.6
2015–16 Brooklyn 40 10.0 .405 .297 .929 1.5 0.9 0.2 0.1 2.4
Total 95 11.7 .395 .282 .842 1.5 0.9 0.3 0.0 3.0

Notas[editar | editar a fonte]

  1. KARASEV, SERGEY – Welcome to Eurocup
  2. Cavaliers Sign 2013 Draft Picks to Contracts
  3. "2013-14 NBA Assignments". Arquivado dende o orixinal o 03 de xullo de 2014. Consultado o 09 de xullo de 2014. 
  4. "Reports: Cavs Start Making Their Move". Arquivado dende o orixinal o 12 de xullo de 2014. Consultado o 09 de xullo de 2014. 
  5. "Khimki announces Sergey Karasev". Arquivado dende o orixinal o 01 de xullo de 2019. Consultado o 01 de xullo de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]