Serge Hutin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

Serge Hutin, nado o 2 de abril de 1927 e finado o 1 de novembro de 1997 en Prades (Pyrénées-Orientales), foi un francmasón francés, autor de numerosas obras sobre esoterismo e ciencias ocultas. Doutor en letras e diplomado na École pratique des Hautes Études, foi investigador do CNRS.

Escritor[editar | editar a fonte]

Hutin escribiu numerosos libros de ciencias ocultas e esoterismo, sobre a francmasonería, as sociedades secretas, Rosacrucismo, alquimia e astroloxía e sobre moitos outros asuntos ocultos.[1][2] Hutin escribiu sobre a Cábala e imputou a Isaac Newton ser un cabalista cristián.[3]

Hutin foi moi coñecido nos círculos ufólogos polo seu libro titulado Alien Races and Fantastic Civilizations (1975) no que afirma que antigas civilizacións estiveran na Terra e deixaran observatorios coloniais construídos por extraterrestes. Este libro é similar a outros libros de autores do seu tempo como Jacques Bergier e Jean Sendy.[4][5] Hutin tamén escribiu sobre Atlantis e deu moito crédito a Platón por escribir sobre el.[6]

Críticas[editar | editar a fonte]

Para Didier Kahn, especialista en alquimia e investigador no CNRS, "podería tamén dicirse aque a alquimia ten, hoxe como onte, un terríbel poder: o de facer perder a cabeza aos mellores espíritos [...] citemos o caso deplorábel de Serge Hutin, o excelente autor de Disciples anglais de Jacob Boehme (1960), que virou para o ocultismo cando tratou da alquimia".[7].

Obras[editar | editar a fonte]

Hutin publicou uns 40 libros, ente eles:

  • 'Les Sociétés secrètes, collection Que Sais-je? Presses Universitaires de France,
  • L'Alchimie, collection Que sais-je?,
  • Les Gnostiques, collection Que sais-je?,
  • Histoire des Rose-Croix (Le Courrier du livre, 1959),
  • Les Francs-Maçons (Le temps qui court, 1960, Édition du Seuil),
  • Paracelse: l'homme, le médecin, l'alchimiste (La Table Ronde, 1966),
  • Histoire mondiale des sociétés secrètes (Club des Amis du Livre, 1959),
  • Robert Fludd (Omnium littéraire, 1972),
  • L'Amour magique (Albin Michel, 1971),
  • Histoire de l'alchimie, (Marabout, 1971),
  • Nostradamus et l'alchimie (Éditions du Rocher, 1988),
  • Aleister Crowley, le plus grand des mages modernes, (Marabout, 1973),
  • La vie quotidienne des alchimistes au Moyen-Âge, (Hachette, 1977),
  • Hommes et civilisations fantastiques (collection "J'ai Lu" (L'Aventure mystérieuse n° A238),
  • Gouvernants invisibles et sociétés secrètes (collection "J'ai Lu" (L'Aventure mystérieuse n° A269),
  • Les prophéties de Nostradamus (collection "J'ai Lu" (L'Aventure mystérieuse n° A396),
  • Histoire de l'astrologie, avec Jacques Halbronn, Artefact, 1986
  • Techniques de l'envoutement Pierre Belfond ,Paris 1973.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Mark Stavish, Freemasonry: Rituals, Symbols & History of the Secret Society, 2007, páx. 134
  2. Jan Birksted, Le Corbusier and the occult, 2009, páx. 151
  3. Matt Goldish, Judaism in the theology of Sir Isaac Newton, 1998 páx. 159
  4. Diana G. Tumminia, Alien worlds: social and religious dimensions of extraterrestrial contact, 2007, páx. 65
  5. Susan J. Palmer, Aliens adored: Raël's UFO religion, 2004, Capítulo 1
  6. Charles J. Cazeau & Stuart D. Scott, Exploring the unknown: great mysteries reexamined.
  7. Didier Kahn, Alchimie et paracelsisme en France à la fin de la Renaissance (1567-1625), Droz, coll. "Cahiers d'Humanisme et Renaissance", 2007, páx. 1.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]