Seo Ye-ji

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Seo Ye-ji
Seo yea ji 2018.png
Nacemento6 de abril de 1990
 Seúl
NacionalidadeCorea do Sur
Alma máterYoungwon Middle School e Universidade Complutense de Madrid
Ocupaciónactriz e modelo
editar datos en Wikidata ]

Seo Ye-ji, nada en Seúl o 6 de abril de 1990, é unha actriz surcoreana.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou xornalismo na Universidade Complutense de Madrid [1] en España[2] e aínda que pensaba dedicarse á presentación de informativos, un directivo da súa axencia de talentos, Made in Chan Entertainment, convenceuna para dedicarse á actuación. A súa primeira aparición foi nun anuncio de SK Telecom e debutou como en 2013 como actriz na comedia Gamjabyeol 2013QR3[3].

Ao ano seguinte tivo un papel protagonista na serie Yagyeongkkun Ilji da MBC. En 2015 participouu en tres filmes, o drama independente Bi-mil o drama histórico Sado e a comedia Bongyi Kim Seondal[4]. Tamén participou no vídeo musical da canción Uri Saranghaji Marayo do grupo Big Bang. En 2016 foi unha das protagonistas da serie xuvenil Murimhakgyo para a KBS2 e en 2017 da serie de misterio Guhaejwo que se emitiu en Orion Cinema Network. En 2019 protagonizou o filme de terror, Amjeon e en 2020 a serie romántica Saikojiman gwaenchana á beira de Kim Soo-hyun.

En xaneiro de 2020 Seo asinou coa axencia Gold Medalist canda os actores Kim Soo-hyun e Kim Sae-ron[5][6][7].

Notas[editar | editar a fonte]