Senda da auga
Este artigo non contén imaxes. Pode axudar cargando imaxes en Wikimedia Commons, relacionadas co contido do artigo, ou incluíndo unha xa existente.
Debe ter en conta as políticas de uso de imaxes e o respecto polos dereitos de autoría. |
A Senda da auga é un camiño de sendeirismo que vai dende o concello de Fornelos de Montes ata o de Vigo, pasando polo de Redondela. Recibe o nome do transporte de auga desde o encoro de Eiras (no río Oitavén) ata a cidade olívica.
Características
[editar | editar a fonte]Trátase dun camiño de terra sen pendentes pronunciadas e cun importante valor ecolóxico e natural. Ofrece vistas sobre a enseada de San Simón e a ría de Vigo, amais dos vales interiores do concello de Redondela. Nos tramos que percorre polo concello de Redondela, a maior parte do camiño transcorre por montes veciñais mostrando unha paisaxe en mosaico, podéndose contemplar campos de cultivo e tamén masas forestais de distinta composición.
O percorrido atravesa case tódalas parroquias do concello de Redondela, agás Cesantes e a propia Redondela: pasa por Ventosela, Reboreda, Quintela, Vilar de Infesta, Negros, Cabeiro, Cedeira, Trasmañó e Chapela.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Senda da Auga. A ruta de abastecemento de Vigo Turismo de Vigo. Concello de Vigo.
- Senda da Auga Concello de Redondela.
- Senda da auga Observatorio de Saúde Pública de Galicia. Xunta de Galicia.