Selo do Estado de Xeorxia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Selo de Estado de Xeorxia»)
Selo do Estado de Xeorxia
Reverso do Selo de Xeorxia

O Gran Selo do Estado de Xeorxia foi adoptado orixinalmente en 1798 como parte da Constitución do Estado. Desde entón, foi modificado en varias ocasións.

O anverso (parte dianteira) do selo mostra un arco con tres alicerces; o arco simboliza a Constitución do Estado e os alicerces representan aos tres poderes do Estado: o lexislativo, o executivo e o xudicial. As palabras do lema do Estado- Wisdom, Justice, Moderation (Sabedoría, Xustiza, Moderación) -están entrelazadas entre as columnas. Entre elas aparece un home (probablemente un soldado da Revolución Americana) cunha espada desenvaiñada, que representa a defensa militar da Constitución. Esta imaxe tamén forma parte do escudo de armas do Estado.

Na parte superior do escudo de armas aparecen as palabras State of Georgia (Estado de Xeorxia), e na parte inferior aparece o ano 1776, que conmemora a data da Declaración de Independencia. A data orixinal foi 1799 (cando se adoptou o escudo), pero foi cambiada en 1914.

No reverso do escudo, móstrase unha imaxe da costa de Xeorxia e nela un barco (portando a bandeira dos Estados Unidos de América) que chega para embarcar tabaco e algodón, simbolizando as exportacións do estado. Á súa vez, hai outro barco que trae os produtos das colleitas das terras do interior, unha representación do comercio interno dos Estados Unidos. Na parte traseira, aparecen un home arando e un rabaño de ovellas. Como o lema que está na parte superior indica, estas imaxes representan a agricultura e o comercio do estado. Aparece aquí tamén a data de 1776.

Selos do Goberno de Xeorxia[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]