Selma Barkham
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 8 de marzo de 1927 Londres |
| Morte | 3 de maio de 2020 Chichester |
| Educación | Universidade de Londres |
| Actividade | |
| Ocupación | xeógrafa, historiadora |
| Membro de | |
| Familia | |
| Pai | Michael Heathorn Huxley |
| Parentes | Aldous Huxley, curmán Julian Huxley, curmán Thomas Henry Huxley, bisavó Henri-Gustave Joly de Lotbinière, bisavó |
| Premios | |
Selma Huxley, tamén coñecida como Selma Barkham ou Selma Barkham Huxley, nada en Londres o 8 de marzo de 1927 e finada en Chichester o 3 de maio de 2020,[1] foi unha historiadora canadense de protagonismo internacional nos campos da historia marítima do País Vasco e do Canadá.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]As súas investigacións permitíronlle reconstruír un capítulo pouco coñecido da historia do Canadá e do País Vasco: o bacallau vasco e as pesqueiras de baleas na Terra Nova, sobre todo no século XVI.[2] Descubriu a existencia dunha industria baleeira vasca no século XVI en Labrador, os seus portos baleeiros, os restos arqueolóxicos das súas bases, así como a presenza de galeóns vascos afundidos neses portos, entre eles o San Juan (1565).
Distincións
[editar | editar a fonte]En 1981 o Goberno do Canadá concedeulle a Orde do Canadá, o seu máximo galardón civil, polo seu traballo pioneiro e por ter realizado "unha das contribucións máis brillantes, nos últimos anos, á historia desta nación".
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Fallece Selma Huxley, gran investigadora de los balleneros vascos". 4 de maio de 2020. Consultado o 5 de maio de 2020.
- ↑ "El caso de Selma Huxley | Vidas científicas" (en castelán). 13 de marzo de 2018. Consultado o 16 de abril de 2019.