Selena

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Selena
Selena drawing.jpg
Nome completoSelena Quintanilla
AliasA raíña da música texana
Nacemento16 de abril de 1971
OrixeLake Jackson
Falecemento31 de marzo de 1995 (23 anos)
 Corpus Christi, Texas
CónxuxeChris Pérez
OcupaciónVocalistas
XéneroFeminino
Tipo de vozMezzo-soprano
Selo(s) discográfico(s)EMI Records/EMI Latin
Relacionado conAbraham Quintanilla III
Tempo en activo1982 - 1995
Na rede
Web
editar datos en Wikidata ]

Selena Quintanilla Pérez, coñecida artisticamente como Selena, nada en Lake Jackson (Texas) o 16 de abril de 1971 e finada en Corpus Christi (Texas) o 31 de marzo de 1995, foi unha cantante mexicano-estadounidense texana.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Selena foi chamada "A raíña da música texana". Comezou a cantar no restaurante do seu pai a principios da década de 1980. Lanzou o seu primeiro disco en 1984, e en 1989 fichouna a EMI Latin Records, coa que vendeu máis de 20 000 copias. O seu álbum de 1990, Ven Conmigo, converteuse no primeiro disco de ouro texano. En 1992 lanzou Entre a mi mundo, que tamén foi disco de ouro. En 1993 o álbum Selena Live! gañou un premio Grammy ao mellor álbum mexicano-americano. En 1994 Selena lanzou o seu último álbum, Amor Prohibido, que vendeu máis de 22 millóns de copias en todo o mundo. O álbum axudou a Selena a introducirse no mercado de fala inglesa. O álbum Dreaming of You vendeu 175 000 copias o mesmo día do seu lanzamento, e acadou un total de 4 millóns de copias.[1]

En 1992 Selena casou co seu guitarrista, Chris Perez. Selena morreu traxicamente o 31 de marzo de 1995, asasinada pola presidenta do seu club de fans. En 1997 fíxose unha película sobre a súa vida, na que o seu papel foi interpretado por Jennifer Lopez.

Discografía[editar | editar a fonte]

Vexa o artigo principal en: Discografía de Selena
Estatua de Selena en Corpus Christi.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 06 de abril de 2007. Consultado o 06 de abril de 2007. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]