Selección de hóckey a patíns masculina de Austria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Austria
Cores do equipo Cores do equipo Cores do equipo
Cores do equipo
Cores do equipo
Na casa
Cores do equipo Cores do equipo Cores do equipo
Cores do equipo
Cores do equipo
Fóra
Federación Österreichischen Rollsport und Inline-Skate Verband
Confederación: CERH
Adestrador: Stefan Reichen
Capitán:
Títulos mundiais
Mundial "A" -
Mundial "B" -

A selección de hóckey a patíns masculina de Austria é o equipo que representa a Austria nas competicións internacionais de hóckey a patíns en categoría masculina. A pesar de que a Federación Austríaca foi fundada en 1937, Austria nunca disputou ningún Campionato do Mundo "A" nin conseguiu grandes resultados nos Campionatos de Europa, tendo participado unicamente en cinco ocasións e obtendo como mellor clasificación o oitavo (de oito participantes) conseguido en Wuppertal (Alemaña) no 2010. En 1990 participou por primeira vez nunha competición de carácter mundial, foi no Campionato do Mundo "B" disputado en Macau, no que finalizou na 17ª posición de 22 participantes, dende aquela o equipo austríaco participou en tódalas edicións do Campionato do Mundo "B", mais sen grandes resultados, sendo o cuarto posto conseguído ante o seu público en Dornbirn no 2010 a súa mellor clasificación.

Equipo[editar | editar a fonte]

Estes foron os xogadores convocados para o Europeo de Wuppertal (Alemaña) de 2010[1]:

NOME POSICIÓN
1 Andreas Künz Porteiro
2 Thomas Simcic Defensa
3 Michael Hammerer Defensa
4 Jakob Stockinger Defensa
5 Michael Schwendinger Defensa
6 Martin Laritz Dianteiro
7 Michael Witzemann Dianteiro
8 Manuel Parfant Dianteiro
9 David Huber Dianteiro
10 Marco Wagner Porteiro
11 Philipp Leyer Porteiro
  • Adestrador: Stefan Reichen
  • Asistente: Karl-Heinz Speiser

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2010. Consultado o 12 de febreiro de 2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]