Saltar ao contido

Selección de fútbol de Uzbekistán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Uzbekistán
Actual campión da Copa do Mundo
Actual campión da Eurocopa
Actual campión da Copa de África
Actual campión da Copa América
Actual campión da Copa Ouro
Actual campión da Copa Asiática
Actual campión da Copa das Nacións da OFC
Na casa
Fóra
Asociación Asociación de Fútbol de Uzbekistán
Confederación AFC (Asia)
Código FIFA UZB
Alcume Lobos Brancos
Clasificación FIFA 55 (19 de novembro de 2025)
Clasificación ConIFA {{{Ranking ConIFA}}}
Seleccionador Fabio Cannavaro
Máis encontros Server Djeparov (128)
Máximo goleador Eldor Shomurodov (43)
Estrea internacional
 Tadjiikistán 2–2 Uzbekistán 
(Dushanbe, Tadjiikistán; 17 de xuño de 1992)
Maior vitoria
 Uzbekistán 15–0 Mongolia 
(Chiang Mai, Tailandia; 5 de decembro de 1998)
Maior derrota
 Xapón 8–1 Uzbekistán 
(Sidón, o Líbano; 17 de outubro de 2000)

A selección de fútbol de Uzbekistán (en uzbeko: Oʻzbekiston milliy futbol terma jamoasi; Ўзбекистон миллий футбол терма жамоаси) é o equipo que representa a Uzbekistán no fútbol internacional masculino. Está baixo a xurisdición da Asociación de Fútbol de Uzbekistán.

Uzbekistán ten os mellores resultados competitivos entre os equipos de Asia Central. Na Copa Asiática de 2011, Uzbekistán chegou ás semifinais do torneo por primeira vez. Noutras competicións como os Xogos Asiáticos, Uzbekistán gañou a medalla de ouro en 1994 no Xapón, mentres que terminou como subcampión na Copa Afroasiática de Nacións en 1995. O país clasificouse para a súa primeira Copa Mundial da FIFA en 2026.[1][2]

  1. Millar, Colin (2025-06-05). "Uzbekistan, Jordan qualify for World Cup for first time". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2025-06-06. 
  2. "Uzbekistan Scores, Stats and Highlights - ESPN (AU)". ESPN (en inglés). Consultado o 2025-10-21.