Selahattin Demirtaş

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Selahattin Demirtaş
Nacemento10 de abril de 1973
Lugar de nacementoPalu
NacionalidadeTurquía
Alma máterAnkara University, Law School, sen etiquetar e Universidade de Ancara
Ocupaciónpolítico, avogado e autor
CónxuxeBaşak Demirtaş
FillosDelal Demirtaş e Dılda Demirtaş
IrmánsNurettin Demirtaş e Özgür Demirtaş
Na rede
Twitter: hdpdemirtas Instagram: hdpdemirtas Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Selahattin Demirtaş, nado en Palu o 10 de abril de 1973, é un político kurdo, colíder do prokurdo Partido Democrático dos Pobos, xunto con Figen Yüksekdağ. Foi o candidato presidencial da súa formación nas eleccións de 2014, quedando no terceiro lugar co 9.77% do voto.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Selahattin naceu nunha familia de lingua zaza[1] na provincia de Elazığ e alí completou os seus estudos primarios e secundarios. Logo estudou comercio e administración marítima na Universidade de Dokuz Eylül mais por problemas políticos non puido completar a carreira e principiou a estudar dereito na Universidade de Ancara, tras de licenciarse traballou como avogado antes de entrar na sección de Diyarbakır da Asociación de Dereitos Humanos (IHD), onde substituíu en 2004 ao presidente local, Osman Baydemir, elixido alcalde de Diyarbakır. Durante o seu mandato, a asociación centrouse na cuestión dos asasinatos políticos sen resolver en Turquía.

Carreira política[editar | editar a fonte]

Póster electoral de Selahattin Demirtaşa
Porcentaxe de votos logrados por Demirtaş nas 81 provincias de Turquía na elección presidencial de 2014

Demirtaş comezou a súa carreira política como membro do Partido da Sociedade Democrática (DTP) en 2007 e nas eleccións resultou elixido para o parlamento e foi o xefe do seu grupo parlamentario. O Tribunal Supremo ordenou en 2009 a ilegalización do DTP e os seus deputados integráronse no Partido da Paz e da Democracia (BDP). O BDP celebrou o seu primeiro congreso en 2010 e elixiu a Selahattin Demirtaş e Gültan Kışanak como os seus dirixentes. Reelixido nas eleccións de 2011 como parte da lista "Traballo, Democracia e Liberdade" que apoiaba o BDP e outras 18 organizacións políticas democráticas. En 2014 formouse o HDP no que se integrou o BDP e que elixiu a Demirtaş, e Figen Yüksekdağ como os seus líderes, presentando ao primeiro como o seu candidato ás eleccións presidenciais de 2014. Nas eleccións parlamentarias de xuño de 2015, o HDP logrou o 13.12% do votos e 80 escanos dun total de 550 asentos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Orhan Türkdoğan, Doğu ve Güneydoğu: Sorunlar ve Çözüm Yolları, IQ KültürSanat Yayıncılık, 2009, ISBN 978-975-255-262-3, p. 16

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]