Seja Majeed
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1986 (37/38 anos) Alxeria |
Actividade | |
Ocupación | escritora |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Seja Majeed, nada en Alxeria en 1986, é unha escritora iraquí en lingua inglesa.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Seja é filla de pais refuxiados iraquís fuxidos da guerra de Iraq-Irán en 1980. Medrou en Inglaterra cando a súa familia pediu asilo político ao estalar a guerra civil en Alxeria. Seja estudou no campus de Westminster de onde pasou a estudar Dereito na universidade de Brunel, onde se licenciou en 2012, pasando a estudar posgrao de "práctica xurídica" na mesma universidade así como a diplomatura de Política pública pola universidade estadounidense de Sarjah. Traballou en prácticas para a petroleira Shell na Escocia, compañía coa que seguiu traballando e que a enviou a Dubai nun novo proxecto. Participou no documental inglés Baghdad Holiday da cineasta Hannan Majid e Richard York, onde amosan o primeiro día en que Seja Majeed regresou a Iraq en 2010.
Ata o de agora ten publicada só unha novela, The forbidden tales of Larsa (Os contos esquecidos de Larsa), unha novela de romance que acontece na cidade mesopotámica de Larsa ao ser conquistada por Asiria.
Este artigo ou categoría carece de ligazóns interlingüísticas. Engádellas premendo na opción "Engadir ligazóns" da columna da esquerda e escribindo o código de lingua e mais o nome correspondente a este artigo ou categoría nesa lingua. Logo diso retira o modelo {{Seniw}} da páxina.Colabora connosco neste artigo e noutros en condicións semellantes para que a Galipedia mellore e medre. |