Seixo, Marín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 42°22′07″N 08°43′56″O / 42.36861, -8.73222

Seixo
Chirleu.jpg
Punta Chirleu, xunto ao peirao de Aguete.
Parroquia de Seixo, Marín.png
ConcelloMarín[1]
ProvinciaPontevedra
Poboación1.967 hab. (2014)
Entidades de poboación11[1]
editar datos en Wikidata ]

Nosa Señora do Carme de Seixo é unha parroquia do concello de Marín, na comarca do Morrazo. Segundo o Instituto Nacional de Estadística en 2019 tiña 1888 habitantes.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Ten un relevo cunha vertente costeira con fachada sedimentaria e acantilada. A metade sur está ocupada polo arco areoso da praia de Aguete e apoiada no seu estremo occidental na fachada na punta do Chirleu, onde se atopan as instalacións portuarias do club náutico. O resto da liña de costa repártese entre pequenas calas de depósitos areosos con tramos de acantilados baixos de perfil aserrados pola erosión nos materiais esquistosos.

A prolongación continental establecese a través dunha ladeira regular de pendente suave a moderada, cuxa cabeceira se sitúa no seu punto culminante por baixo dos 200 msnm sen relevos especialmente significativos. Presenta depósitos de area cuaternarios.

Clima[editar | editar a fonte]

Caracterizase por ter un clima cálido e húmido. Estímase que as precipitacións medias anuais oscilan entre 1200mm e 1400mm . As temperaturas son suaves, cuns valores por riba dos 15 ºC. Cunha oscilación térmica entre 12,5 ºC e 13,5 ºC.

Usos do chan[editar | editar a fonte]

Destaca o uso do chan turístico-residencial, sobre todo nas zonas mais achegadas a costa. Séguense mantendo os cultivos tradicionais de autoconsumo, tales como pataca, hortalizas, e en menor medida millo.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

Seixo (do latín saxum, que significa 'rocha, pedra'). Polo que se chama Seixo a aqueles lugares enclavados en zoas pedregosas ou con alguhna gran pedra destacada.

Demografía[editar | editar a fonte]

A parroquia de Seixo é a terceira máis habitada do concello de Marín, tras Marín e San Xián.

Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 2.050 habitantes (1.027 homes e 1.023 mulleres), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 2.219 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 1.967 habitantes, sendo 996 homes e 971 mulleres. Segundo o Instituto Nacional de Estadística no 2020 a poboación volve a descender contando con 1.888 habitantes.

Paraxes naturais[editar | editar a fonte]

Seixo ten dous areais: a praia de Aguete, que conta cunha pequena cala, Mingotes, mais coñecida como praia dos Namorados, onde se pode practicar o nudismo dende fai mais de tres décadas, e a praia de Loira. No ano 2019 ambos areais contaron con Bandeira Azul.[Cómpre referencia] A praia de Aguete remata naturalmente na Punta Chirleu onde actualmente se atopa o Club Nautico de Aguete e o peirao deportivo. Fronte a este, no seu lado occidental está o Con do Chirleu un illote rochoso con gran valor paisaxístico, a cal sufre o embate constante das olas e ao que se achegan os pescadores da zoa a faenar.

Xusto a continuación da Punta do Chirleu está a praia Niño do Corvo, unha pequena cala de difícil acceso, a cal só se pode chegar cando a marea está baixa.

Monte Sobareiro

Castro no monte da Brea

Edificacións de interese[editar | editar a fonte]

Entre as diferentes construción arquitectónicas que podemos atopar, destacan os Muíños que se atopan diseminados ao longo do Río Loira, Senda dos Muíños. Diferentes lavadoiros, entre o que destacan o Lavadoiro de Loira e o Lavadoiro de Soaxe

O Pazo do Chirleu foi construído polo corsario Juan Antonio Gago de Mendoza preto do actual porto deportivo de Aguete.

Club Nautico de Aguete

Historia[editar | editar a fonte]

Foi creada en 1955 segregándose da de Santo Tomé de Piñeiro.

Relixión[editar | editar a fonte]

Ademais do templo católico, baixo a advocación a Nosa Señora do Carme de Seixo inaugurada por Fernando Quiroga Palacios o 14 de xullo de 1963, conta coa Capela de San Brais de Aguete, fundada en 1712 localizada no Pazo de Aquete, e unha igrexa evanxélica denominada Iglesia Evanxélica de Hermanos inaugurada no 1885, ano de construción do seu cemiterio.

Festas e celebracións[editar | editar a fonte]

  • San Brais (3 Febreiro)
  • Entroido (Desfile da Chirica) Organizado polo Grupo Cultural Ronsel[1] (Febreiro ou marzo)
  • Tradición da Colocación das Xestas (30 Abril)
  • Festividade dos Maios (1 Maio)
  • Luminarias de San Xoán (23 Xuño)
  • Luminarias de San Pedro (9 Xuño)
  • Festas da Nosa Señora do Carme (16 Xulio)

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Seixo[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Seixo no concello de Marín (Pontevedra)

Aguete | Bexe | A Brea | O Castro | O Con | Currás | Loira | Montecelo | Seixo | Soaxe | A Torre


Parroquias de Marín[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Marín

Ardán (Santa María) | O Campo (Santa María) | Marín (San Xián) | Marín (Santa María do Porto) | Mogor (San Xurxo) | San Tomé de Piñeiro (San Tomé) | Seixo (Nosa Señora do Carme)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]