Seichusen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Seichusen
En galego
TraduciónLiña central
En xaponés
Kanji正中線
Hiraganaせいちゅせん

Seichusen (en xaponés: 正中線, seichū sen, liña central), ou chushinsen (中心線, chūshin sen), é unha liña vertical imagixária que pasa a través do centro do corpo dunha persoa, que debe servir como punto de referencia para a execución de toda e calquera técnica, de ataque ou defensa, desprazamento e para a formación da postura corporal. A idea é facer o loitador comportarse de modo similar a unha roda que ten o seu eixe, en torno ao cal xira, ou como o péndulo ten seu punto fixo de onde oscila.[1][2][3] O obxectivo é dispor dun punto de referencia relativamente fixo a partir do cal o loitador poida comprender cales áreas de defensa son importantes. Así, conxugándose o eixe central do corpo coa liña de cintura (hara) maila técnica de sashite, por exemplo, conséguese obter un modelo para focalizar as técnicas.[4][5][6]

A intersección de liñas marca o punto de onde a enerxía orixínase e por onde ela é recibida. Trátase dun punto central no corpo, que coincidiría co seu baricentro, a través do cal a enerxía do ki flúe. O ideal é que a forza do ataque saia do centro do corpo e, cando un opoñente realize o seu propio ataque, quen está defendendo debe conducir ou asimilar a enerxía do golpe do adversario facendo que a traxectoria do golpe pase a través deste punto central ou que siga por un círculo con eixe neste mesmo punto.[7]

O coñecemento de seichusen é fundamento para a realización de moitas técnicas, que non son só golpes, mais técnicas de desprazamento (shintai), porque ao se mudar dun sitio para outro é necesario conservar o equilibrio, coa finalidade de conservar aínda toda a potencia das técnicas desenvolvidas, e postura (kamae), porque asegurar a posición de modo estábel tórnase requisito imprescindíbel para recibir un golpe contrario de forma máis doada. E ben así o menor gasto da propia enerxía.[8]

Trátase de noción imprescindíbel para a boa execución dos exercicios e da correcta descrición dos golpes (dosen).[9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Kusshinuke e Seichusen" (PDF) (en italiano). Consultado o 26 de outubro de 2014. 
  2. "Kata: la forma che vive" (PDF) (en italiano). Consultado o 26 de outubro de 2014. 
  3. "Takemusu Aikido glossary" (PDF). Consultado o 30 de outubro de 2014. 
  4. Varone, Ciro (2012). UNI Service, ed. Tegumi. Kumite (en italiano). Trento. p. 116. 
  5. "Kamae 構え, shisei 姿勢" (en holandés). Consultado o 30 de outubro de 2014. 
  6. "Jujutsu Tradicional - Budokan Vilanova del Camí" (en castelán). Consultado o 30 de outubro de 2014. 
  7. Kukan Hisataka, Masayuki (2011). Tuttle, ed. Essential Shorinjiryu Karatedo (en inglés). Toquio. 
  8. "Principe de déplacement et respiration selon Kuroda sensei" (en francés). 3 de xuño de 2011. Arquivado dende o orixinal o 04 de outubro de 2015. Consultado o 30 de outubro de 2014. 
  9. Yokota, Kousaku (2013). Xlibris, ed. Shotokan mysteries (en inglés). p. 138.